O día 3 de xuño de 2021, co patrocinio da OEPLI e do Ministerio de Cultura e Deporte e a colaboración da Universidade de Vigo, celebramos a actividade formativa Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI que estivo centrada no libro infantil e xuvenil traducido; no tema da tradución da literatura universal ao galego e do libro orixinal galego a outras linguas
Para completar esta actividade solicitamos a participación de profesionais que contribúen coas súas interesantísimas achegas a comprender o concepto, o interese -e intereses-, a oportunidade, o proceso, a historia e a situación actual da tradución dende os campos da edición, escrita e a tradución.
Como remate da serie de vídeos que vimos publicando ao longo deste mes contamos coa colaboración de dous Premios Nacionais: Fina Casalderrey, xa publicado, e Francisco Xavier Senín, que recibiu este galardón en 2020 en recoñecemento á súa traxectoria como tradutor ao galego, en "obras de gran variedade temática e tipolóxica".
Senín
é, daquelas, a persoa máis indicada para a clausura destas xornadas
sobre tradución organizadas por GÁLIX no ano 2021.
0 comentarios:
[Comentario blog]