Para
a inclusión
é
unha guía elaborada por GÁLIX
e publicada coa axuda da Xunta de Galicia.O documento estará accesible e descargable neste blog e no Pínterest
da asociación, para que as persoas que
exercen o labor de mediación lectora:
familias, persoal de bibliotecas e profesorado dos centros
educativos, teñan mellor acceso a materiais e recursos en galego.
Este
proxecto é froito do o esforzo dun grupo de traballo de GÁLIX por
dar a coñecer materiais e recursos que se presentan na nosa lingua
pois esta tamén é unha boa maneira de normalizar o seu uso en todo
tipo de condicións.
A
obra está estruturada seguindo estes epígrafes:
Textos
en formato audio
que permiten o acceso á lectura ás persoas con dificultades
visuais, físicas, on problemas relacionados coa aprendizaxe ou a
aqueles e aquelas que
non dominan a técnica.
Obras
con debuxos, iconos
que representan
unha
palabra ou
unha
idea
e que facilitan á lectura ás persoas que teñen
dificultades para comunicarse.
Unha
metodoloxía pensada para facer máis comprensibles os textos,
eliminando barreiras e producindo unha accesibilidade maior, cun
sistema de adaptación construído sobre os coñecementos da
psicoloxía cognitiva e as correntes lingüísticas e que segue
certas pautas básicas aceptadas internacionalmente.
Son
obras dirixidas, especialmente, ás persoas que teñen dificultades
lectoras tanto transitorias (inmigración, incorporación tardía á
lectura, escolarización deficiente...) como máis duradeiras
(trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional...), causadas por
cuestións neurolóxicas ou socioculturais.
Son
textos escritos nun alfabeto, co que se representan letras, signos de
puntuación, números, grafía científica, símbolos matemáticos,
música, etc. que facilita a lectura para persoas con cegueira ou
deficiencia visual.
Os
chamados libros silentes ou silandeiros poden ser lidos en calquera
lingua, por iso IBBY Italia puxo en marcha a creación da Biblioteca
de Lampedusa,
constituída
por ese tipo de obras deste tipo, coa intención de axudar na
inserción da infancia en desamparo procedente do exilio.
Estes
libros facilitan a comprensión para calquera persoa que non domine o
código lingüístico. O idioma de referencia vén determiñado polo
título ou e algún outro paratexto.
- Abecedarios,
dicionarios visuais, libros duros, troquelados, con textura, álbums
ilustrados.
Este
epígrafe recolle determinados libros, e especialmente coleccións,
que. partindo das primeirísimas idades, son lecturas aptas para
todas as idades e todas as competencias e que, xa que logo, debemos
ter a man para que cada persoa lectora atope o seu libro.
Apartado
no que se ofrece un
listado de libros-xogo,
xoguetes
e
xogos (de mesa, de linguaxe, de construcións,
de lóxica...) co que intentamos dar
a coñecer o que o mercado ofrece en galego para
aqueles
e aquelas con diferentes graos de competencia
e
desenvolvemento, sen esquecer aqueles libros
con
texturas, ruídos, arrecendos.
- Libros
sobre desigualdade e diversidade.
Inclúense
nesta etiqueta os libros onde se recollen situacións que evidencian
as dificultades relacionadas coa diversidade funcional (enfermidades
ou diferentes situacións de saúde, desigualdades de orixe ou
adquiridas...), pero tamén aquelas causadas pola situación
económica ou social.
DESCARGA