O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta Premio Fina Casalderrey. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premio Fina Casalderrey. Amosar todas as publicacións

 

Aberto o prazo de presentación para o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade que ven sendo convocado por Baía Edicións, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, desde o ano 2018 como recoñecemento ao labor da autora a prol da igualdade entre nenas e nenos e co obxectivo de promover a educación non sexista.


 
  • Ao certame poderán presentarse obras que atendan ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa.

  • Deberán ser:

    • Textos inéditos e non premiados.

    • Escritos en galego normativo.

    • Extensión máxima de 5.000 caracteres.

  • O premio, único, ten unha dotación económica de 2.500 €.

  • A obra premiada será publicada por Baía Edicións como álbum ilustrado.

  • O prazo de recepción de obras remata o 8 de marzo de 2025.

Acceso ás bases completas na páxina da editora.

Tamén Fina Casalderrey aceptou o noso convite a participar nas Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI e mandounos neste vídeo no que conta a súa experiencia como escritora con respecto á tradución dos seus libros.

Docente e escritora, é autora de medio cento de obras, na súa maior parte de Literatura Infantil e Xuvenil, moitas delas traducidas a unha chea de idiomas, mesmo ao braille. Colabora en prensa, en revistas especializadas e eventos literarios.

 

Baía Edicións,oa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca a terceira edición do PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista.


  • Para obras que atendan ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa.

  • Textos inéditos e non premiados.

  • Escritos en galego normativo.

  • Extensión máxima de 5.000 caracteres.

  • O premio, único, ten unha dotación económica de 2.500 €.

  • O prazo de recepción de obras remata o 8 de marzo de 2021.

Máis información na páxina da editora

Información na rede: