O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta lazarillo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lazarillo. Amosar todas as publicacións

 

Ven de celebrarse o acto de entrega do Premio Lazarillo convocado pola OEPLI, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e McDonald´s.

A obra La hija del esquimal de Francisco Díaz Valladares recibiu o premio na modalidade de Creación Literaria.

O premio na modalidade de Álbum Ilustrado recaeu na obra Àvies de Laia Giménez Buenaventura, unha homenaxe ás mulleres anciás do rural.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiExx5lrhGUrPCSJBg65jEf5LovVFiERYk6rwD1Zomxexu-sv2l1DFAgb2MFbCpbvk58AmKsmirQFOp4tk46v8tD1KMA6rtFLvERI65FjQKtzW2Fh73skWQpbEzLFxHr069RVC4mv8WZyt2YY2ykqZzUEBQ4u8FvaCDClvVfSBLzgUArQukL9gTW7Xw/w400-h324/LAZARILLO23.jpg

Co obxectivo de estimular a produción de bos álbums ilustrados destinados ao público infantil e xuvenil e estimular a produción de libros de calidade, especialmente destinados ao público infantil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), que inclúe as seccións de ámbito lingüístico GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo, e co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte e de McDonald’s, convoca os Premios Lazarillo 2023.

Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.

 

Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado




  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.

  • Formato máximo, DIN A-2.

  • Extensión máxima de 32 páxinas.

  • Cunha dotación de 6.000€

  • O prazo de entrega remata o 30 de novembro de 2023.


Creación Literaria, modalidade xuvenil


  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.

  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)

  • Destinadas ao lectorado xuvenil, maior de 12 anos.

  • O premio ten unha dotación de 6000€.

  • O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2023.

 Hoxe, 6 de xuño de 2023, no marco da Feira do Libro de Madrid, celébrase o acto de entrega do Premio Lazarillo convocado pola OEPLI, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e McDonald´s, coa asistencia da directora xeral do Libro, Mª José Gálvez.

  • Na categoría de Creación Literaria resultou gañadora a obra de Javier González Calero Rodenas, ¿Vuelan las supergallinas?, un poemario de poemas curtos, sinxelos e cotiáns cunha cadencia próxima á linguaxe oral, que reivindica a fábula poética, o mundo dos animais parlantes e antropomorfos como espello onde ver reflectido ese lado máis absurdo e cómico de nós mesmos, os animais humanos.

  • Na modalidade de Álbum Ilustrado resultou gañadora, por votación unánime do xurado, obra Montañas,da que son autores Mercè López Ascanio e Javier Bermúdez López, que conta a viaxe de Elvira polos cumes e os vales dalgunhas das montañas máis icónicas da Terra.

 


DEC
EMBRO 2022

Recomendamos A lebre mecánica de Ledicia Costas



 

 

    Nana sente que, devagar, está a perder a Corvo. Cada vez percíbeo máis afastado, máis esquivo, máis solitario. Corvo iniciouse no mundo das apostas dun xeito lúdico, desde o seu móbil, como un pasatempo máis que partillar cos amigos. Mais cando decide acceder por vez primeira a un salón de apostas, entra nun remuíño que o arrastra cara a un territorio cada vez máis perigoso e de consecuencias imprevisibles.

Estudos do Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade, FAD, afirman que a maioría dos adolescentes iníciase no xogo entre os 14 e 16 anos e que os mozos supoñen o 50% dos xogadores. Esta realidade, tan presente nos nosos barrios, penetrou tamén na xeografía física e emocional de Ledicia Costas, que a leva ao papel para tecer unha novela xuvenil tan dura coma real. Porque reais son tamén os personaxes que transitan polas súas páxinas, adolescentes contemporáneos que lidan cos problemas propios da súa idade mentres namoran, practican skate, escoitan música ou gozan cos vídeo-xogos. Apoiada nuns diálogos traballados e medidos, a trama deste libro absorbe o lector, que avanza guiado na escuridade por un faro de optimismo, unha luz que se deriva do valor da empatía, o compañeirismo, a amizade e os coidados.

A lebre mecánica, gañadora do Premio Lazarillo de Creación Literaria, está chamado a ser un deses libros que perduran e cos que a súa autora –afortunadamente –nos agasalla con frecuencia.

Antonio M. Fraga



___________________________

GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.

 

 

 


Co obxectivo de estimular a produción de bos álbums ilustrados destinados ao público infantil e xuvenil e estimular a produción de libros de calidade, especialmente destinados ao público infantil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), que inclúe as seccións de ámbito lingüístico GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo, e co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte e de McDonald’s, convoca os Premios Lazarillo 2022.

Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.

Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.

  • Formato máximo, DIN A-2.

  • Extensión máxima de 32 páxinas.

  • Cunha dotación de 6.000€

  • O prazo de entrega remata o 30 de novembro de 2022.


Creación Literaria, modalidade infantil

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.

  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)

  • Destinadas ao lectorado infantil, menor de 11 anos.

  • O premio ten unha dotación de 6000€.

Hoxe,
31 de maio de 2022, no marco da Feira do Libro de Madrid celebrouse o acto de entrega do Premio Lazarillo convocado pola OEPLI, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e McDonald´s.


Ledicia Costas resultou gañadora na categoría de Creación
Literaria modalidade xuvenil coa obra A lebre mecánica; de entre as 113 obras presentadas, o xurado destaca os valores temáticos e literarios, a linguaxe áxil e axeitada para un lectorado adolescente do texto presentado por Ledicia.


Ao recoller o galardón, que recibe por terceira vez, a autora valorou a importancia integradora do premio no que se pode participar en calquera das linguas oficiais do estado.

Na modalidade de Álbum Ilustrado, a obra gañadora foi ¿Y tú de que color lo ves? de Víctor Jimeno na que o xurado destacou a orixinalidade, a variedade de miradas gráficas e o humor.

Pechou o acto, D.ª María José Gálvez, Directora Xeral do Libro e a Lectura que falou da necesidade de apostar pola literatura infantil e xuvenil e do calidade das publicacións para o lectorado infatoxuvenil.

 

O Lazarillo, o concurso máis antigo de Literatura Infantil e

Xuvenil, ten aberta a convocatoria correspondente ao ano 2020.

 

 

 

Modalidade de Creación Literaria:

 Adicado a estimular a produción literaria infantil de calidade.

  • Para obras inéditas escritas en calquera das linguas do estado español.

  • En calquera xénero:

    • Narrativa e teatro, terán un tamaño máximo de 80 páxinas, en Arial 12 a doble espazo.

    • Poesía: 150 versos por páxina en poesía

  • Dirixidas a lectorado menor de 11 anos.

  • Terá unha dotación de 6.000 €.

  • O prazo de presentación de orixinais remata o 30 de setembro.

Modalidade de Álbum Ilustrado:

Destinado a estimular a produción de álbums infantís ilustrados.

  • Para obras inéditas.

  • Cunha extensión máxima de 32 páxinas.

  • Non poderán exceder o tamaño DIN A2

  • O premio terá unha dotación de 6.000 €.

  • O prazo de presentación de orixinais remata o 30 de novembro de 2020.




Este xoves 2 de xullo, na Biblioteca Eugenio Trías de Madrid, fíxose a entrega de premios aos gañadores do Lazarillo 2019. O acto contou coa presencia da Directora General do Libro e Fomento da Lectura e da Directora de Comunicación e Relacións Institucionais de McDonald´s España.
O Premio Lazarillo de Creación Literaria 2019 foi outorgado á obra de Jordi Sierra i Fabra: Como lágrimas en la lluvia, polo xurado formado por Xosé Antonio Perozo, Presidente de la OEPLI, Marta Higueras, Pere Martí, Manuel Bragado e Idoia Etxegoien, en representación dos catro ámbitos lingüísticos que integran a OEPLI. 
Das 36 obras que optaban ao premio 11 estaban escritas en galego, 23 en castelán e 2 en catalá.  

O Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado concedeuse á obra Una niña fantasma, de Carmen López López. O xurado estivo integrado por integrado por Xosé Perozo, Presidente de la OEPLI, por Nuria Ranz, Josep Antoni Tàssies, Mate Caballero  e Antonio Seijas.

Novas sobre os Premios Lazarillo 2019:

 




O Lazarillo é o concurso máis antigo en Literatura Infantil e Xuvenil, que se vén celebrando desde o 1958. 
 
Convocado nas súas primeiras edicións polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, desde 1986 ven sendo a OEPLI, e as súas seccións territoriais GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo General del Libro, a encargada da convocatoria do premio.
O certame conta co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e de MacDonald’s

O premio Lazarillo convócase nas modalidades de “Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado” e “Creación literaria”, para obras escritas en calquera das linguas do estado para nenos e nenas a partir de 12 anos.

O veredicto do xurado e a entrega do Premio farase público no mes de abril, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil.

A OEPLI fallou os Premios Lazarillo 2018. A galega Andrea Maceiras gañou na modalidade de creación literaria, mentres Paloma Corral e Begoña Oro fixeron o propio en  álbum ilustrado.
Na modalidade de creación literaria, optaron ao Premio Lazarillo un total de 119 obras, das cales 69 eran en narrativa, 36 en poesía e 14 en teatro. De todas elas 108 estaban escritas en castelán, 9 en galego e 2 en catalán. O Xurado acordou conceder por maioría o Premio Lazarillo á obra titulada RUSGALÍA, da que resultou autora Andrea Maceiras. O xurado destacou que se trata "dunha obra ben urdida e entramada cunha linguaxe poética con bellísimas escenas que che transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción."
 
Na modalidade de Álbum Ilustrado o xurado seleccionou a obra gañadora UN LUME VERMELLO, entre os 46 proxectos presentados, destacando de forma unánime "a orixinalidade da hora, o trato da cor cunha rica paleta de grises en contraste con cores vivas, a composición da dobre páxina e a secuenciación dos personaxes, así como unha gran sensibilidade pola natureza".


A OEPLI vén de convocar o premio anual Lazarillo de 2018. Este ano, na modalidade infantil.

Como sabedes, este premio adícase a 2 modalidades:


Modalidade de Ilustración:
Destinado a estimular a produción de álbums infantís ilustrados, dotado con 3.000 € de premio. Presentaranse maquetas dunha obra con algunhas ilustracións. Descarga as bases para ver toda a información.



Modalidade de Literatura:
Adicado a estimular a produción literaria infantil de calidade, está dotado tamén con 3.000 €. As obras presentadas, de carácter xuvenil, terán un máximo de 80 páxinas. Bota un ollo ás bases completas descargándoas aquí.

Lembrade que podedes consultar tamén as obras gañadoras en edicións pasadas neste enlace.

Toda a información na web da OEPLI aquí. Descarga as bases para as modalidades de Ilustración (aquí) e Literatura (aquí).



A escritora Ledicia Costas resultou gañadora ex aequo do certame Lazarillo deste 2017 na súa modalidade de Creación Literaria coa obra titulada Plumas e unicornios. A autora repite neste galardón que xa conseguira no 2015 pola obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.

Máis sobre o premio aquí e nota de prensa aquí.





A OEPLI vén de convocar o premio anual Lazarillo de 2017. Este ano, na modalidade xuvenil.

Como sabedes, este premio adícase a 2 modalidades:

Modalidade de Ilustración:
Destinado a estimular a produción de álbums infantís ilustrados, dotado con 3.000 € de premio. Presentaranse maquetas dunha obra con algunhas ilustracións. Descarga as bases para ver toda a información.


Modalidade de Literatura:
Adicado a estimular a produción literaria xuvenil de calidade, está dotado tamén con 3.000 €. As obras presentadas, de carácter xuvenil, terán un mínimo de 80 páxinas. Bota un ollo ás bases completas descargándoas aquí.

Lembrade que podedes consultar tamén as obras gañadoras en edicións pasadas neste enlace.

Toda a información na web da OEPLI aquí. Descarga as bases para as modalidades de Ilustración (aquí) e Literatura (aquí).



Este mes foron varios os premios e honras recibidos no eido da LIX. Por se vos perdestes algún, aquí vos quedan os enlaces a toda a información:

LAZARILLO
Carles Cano gaña o Premio Lazarillo de Creación Literaria 2016
Ana González e Kike Ibáñez gañan o Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado 2016

CÓMIC
Pablo Auladell gañou o Premio Nacional de Cómic 2016 (+info sobre Pablo Auladell neste enlace)

TEATRO
Entregáronse tamén os premios de literatura dramática que convoca AGADIC e os gañadores son, do IX Manuel María de literatura dramática infantil, Carlos Labraña, por 'O valo', e do XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil) Ignacio Vilariño, por 'Os golfiños e o xigante'. (+info)

MARÍA MOLINER
As bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes participaron nesta campaña de animación la lectura. En Galicia, as bibliotecas galardoadas foron as de Ares, Bergondo, Carballo, Culleredo, Miño, Oleiros, Ortigueira, Rianxo e Sada na Coruña; O Saviñao, Sober e Xermade en Lugo; Pereiro de Aguiar e Verín en Ourense, e O Grove, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño, Redondela, Soutomaior e Vilagarcía de Arousa en Pontevedra. Velaquí todas as bibliotecas premiadas.