Amosando publicacións coa etiqueta pontevedra b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pontevedra b>. Amosar todas as publicacións
Na
comunicación deste evento por parte do presidente de GÁLIX, David
Cortizo, e o
concelleiro
de cultura, Demetrio Gómez, o presidente de GÁLIX lembrou o
relevante
número de autoras e autores galegos
que
recibiron este galardón
ao
longo da súa historia.
![]() |
O concello de Pontevedra mantén a convocatoria da terceira edición do certame "Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil" en colaboración, nesta edición, coa editorial Cuarto de inverno, que se encargará da publicación da obra premiada.
- Para obras inéditas en galego.
- Cun máximo de 250.000 caracteres
- A dotación do premio é de 4.000 €
- O prazo de presentación remata o 30 de xuño de 2020.
Concellería
de Igualdade do Concello de Pontevedra vén de habilitar unha ligazón
para facilitar, en tempos de confinamento, a presentación de obras á
primeira edición do Premio Literario Pinto e Maragota
a través de correo electrónico.
Comunicamos
no seu momento a convocatoria da primeira edición deste premio,
pensado para
visibilizar
e dignificar a diversidade sexual e de xénero,
que
está convocado
polo Concello
de Pontevedra
en
colaboración con Edicións
Xerais de Galicia
I
Edición do Premio Literario “Pinto e Maragota”
convocado polo Concello
de Pontevedra
en colaboración con Edicións
Xerais de Galicia
co obxectivo de visibilizar e dignificar a diversidade
sexual e de xénero.
A obra presentada deberá ser orixinal e inédita, escrita en lingua galega conforme á normativa oficial.
No seu argumento, como temática principal ou transversal, debe estar presente a diversidade sexual e de xénero: orientación sexual e/ou identidade de xénero.
Poden presentarse obras para público:
- Infantil
- Xuvenil
- Adulto
O xénero literario das obras presentadas poderá:
- Novela
- Teatro
- Poesía
Establécese un único premio de tres mil euros.
O prazo de presentación pecharase o xoves 23 de ABRIL do 2020.
GÁLIX
(Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) en colaboración co
Concello de Pontevedra veñen de convocar o III
PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN. A
presentación pública, celebrada en Pontevedra o pasado 5 de
setembro, correu a cargo de Ana Luna Alonso, Secretaria de GÁLIX, e
de Carmen Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra.
A
ilustración gañadora será a imaxe da XXI edición do Salón
do Libro de Pontevedra,
que terá como tema central o humor.
Carmén
Fouces, concelleira de Cultura, destacou “a importancia de facelo
da man de
GÁLIX,
que co seu traballo e as súas canles de difusión, permite chegar a
todas as latitudes do planeta dentro do proceso de
internacionalización no que o Salón está inmerso.”
Pola
súa vez Ana Luna manifestou o interese de GÁLIX na súa
colaboración co Salón do libro de Pontevedra, tanto na convocatoria
deste importante certame como na elaboración da bibliografía
temática e na realización das actividades.
O concurso de ilustración está aberto á participación de calquera persoa maior de idade de calquera país, que pode presentar -separadamente- un máximo de dúas imaxes inéditas co tema do humor e en formato dixital, dirixidas á web: www.salondolibro.gal/ilustra
As ilustracións finalistas formarán parte da mostra e do Almanaque do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O prazo de presentación remata o 14 de outubro de 2019
Mañá, 28 de novembro, celebramos un novo acto propio: a segunda edición das Xornadas Desfacendo a raia.
As xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán lugar no salón de actos da facultade de Cinencias da Educación ás 10:50.
As II Xornadas Desfacendo a raia de GÁLIX propóñense unha nova meta: axudar a facer visible a literatura feita por mulleres. O ano pasado, nas primeiras xornadas, o obxectivo era dar a coñecer entre os galegos a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) portuguesa e a galega en Portugal. A elección de María Victoria Moreno como a escritora do Día das Letras 2018 vai ser unha dobre oportunidade para poñer en valor a literatura escrita por mulleres e romper cos prexuízos sobre a LIX como unha literatura menor.
Así as II Xornadas Desfacendo a raia inclúe o Encontro María Victoria Moreno: “Unha mestra que sabía ler nos ollos dos Cachorros”. No que van participar a escritora e académica Fina Casalderrey, o ilustrador Manuel Uhía e o escritor e presidente de Gálix Xosé Antonio Perozo. Ademáis a profesora e escritora Susana Sánchez Aríns levará as Xornadas un relatorio sobre Muller e Memoria.
Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo)
As II Xornadas Desfacendo a raia son abertas a todo o público ata encher o aforo.
Edición 29/11/2017: Nova aquí, aquí e fotos das xornadas a seguir:
Comeza a tempada das Feiras do Libro! A primeira este ano é a de Pontevedra, que terá lugar do 5 ao 10 de abril na Plaza de Ferrería.
Consulta o programa completo e toda a información no facebook das Feiras do Libro de Galicia neste enlace.