Laura Sáez Fernández. Patasdepeixe Editora. O libro infantil e xuvenil galego traducido.

Publicado por GÁLIX | 12.7.21 Deixa un comentario

 Laura Sáez é unha tradutora e intérprete que viviu e traballou un tempo no Reino Unido, exerceu como lectora de galego en Oxford e como tradutora para diferentes editoriais. Foi este labor como tradutora o que lle permitiu afondar no coñecemento da literatura infantil e xuvenil en contexto internacional e concretamente ao álbum ilustrado como xénero para todas e calquera das idades

Convencida de que no sector había un oco para o seu proxecto decidiu, en 2008, poñer en marca unha editorial independente dedicada a publicar, en galego, traducións de obras de calidade para ao lectorado infantil con perspectiva feminista.

Así naceu a editorial Patasdepeixe que fundamenta o seu traballo na lingua, o feminismo e na calidade.

Laura Sáez, editora e directora de Patasdepeixe Editora e, xa que logo, unha voz indispensable para falar do libro infantil e xuvenil galego traducido, tema ao que se dedicaron as Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI.

Este, e todos os vídeos que completan esta actividade formativa de GÁLIX, estarán dispoñibles na nosa canle de Youtube.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]