AVISO LEGAL 

O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web www.galix.org (en adiante, "Web") que a ASOCIACIÓN GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL ("Asociación"), con domicilio social en CENTRO DE EMPRENDEMENTO CREATIVO DE GALICIA, CIDADE DA CULTURA DE GALICIA. MONTE GAIÁS, S/N, 15707 SANTIAGO DE COMPOSTELA con CIF: G36120871, Sociedade inscrita no CENSO DE ASOCIACIÓNS E ENTIDADES CULTURAIS DE GALICIA, co código de identificación A-02-75/PO-415, Libro: 1, Folio: 161, Exp.: 1931, pon a disposición das persoas usuarias.
Conforme o previsto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os datos persoais subministrados a través da web formarán parte dun ficheiro responsabilidade da Asociación, para que poidan ser empregados con finalidade comercial, operativa e de actividades propias do obxecto social da Asociación. A Asociación conservará os seus datos unha vez finalizada toda relación coa persoa usuaria, para cumprir as obrigas legais e de comunicación aos organismos públicos que, amparados na Lei correspondente, os soliciten.
Os datos solicitados son necesarios e no caso de negarse a comunicalos será imposible informar sobre a súa solicitude. A Asociación procederá á cancelación dos datos recollidos cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para que foran recabados ou rexistrados. No caso de que os datos recollidos se empregasen para unha finalidade distinta a aquela para a que foron recabados ou recollidos, requerirase o consentimento previo dos/as interesados/as.
A Asociación adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
As perosas usuarias cuxos datos sexan obxecto de tratamento poderán exercitar gratuítamente os dereitos de oposición, acceso e información, rectificación ou cancelación dos mesmos, así como a revocación da súa autorización sen efectos retroactivos nos termos especificados na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, conforme ao procedemento legalmente establecido. Estes dereitos poderán ser exercitados dirixindo un escrito a galix@galix.org ou a ASOCIACIÓN GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL,  CENTRO DE EMPRENDEMENTO CREATIVO DE GALICIA, CIDADE DA CULTURA DE GALICIA. MONTE GAIÁS, S/N, 15707, SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O acceso ao sitio Web atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas por parte da persoa usuaria de todas e cada unha das condicións incluídas neste Aviso legal.
Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio Web, así como os dos seus contidos, pertencen ben á Asociación ben a terceiras persoas, polo que ningunha persoa usuaria está autorizada a facer uso deles, nin imprimilos nin almacenalos baixo ningún soporte físico en ningún caso, agás que sexa para a súa utilización persoal e privada, quedando, xa que logo, prohibida a modificación, descompilación ou utilización comercial de calquera parte da Web.
Só se autoriza o uso da utilización dos contidos da Web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte, sendo a persoa usuaria a única responsable do mal uso dos mesmos.
Para acceder á información contida no sitio Web e empregar os servizos ofrecidos, os menores de idade deben obter previamente persimo dos seus pais, titores ou representantes legais.
Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na Web son recopilados con efectos  meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas nos mesmos sen que o seu acceso xere relación comercial, contractual ou profesional entre as persoas usuarias e a Asociación. En caso de discrepancia entre a información contida no sitio Web e a contida en papel, prevalecerá a última. A Asociación reserva o dereito de modificar os contidos do dominio Web sen previo aviso.
Os enlaces e hipertexto que, no seu caso, posibiliten o acceso a través do sitio Web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros non pertencen nin se atopan baixo o control da Asociación, polo que esta non se fai responsable nin da información contida nos mesmos nin de calquera dos efectos que puideran derivarse de dita información.
As persoas usuarias teñen terminantemente prohibido introducir calquera tipo de virus no dominio Web, así como intentar acceder aos datos do mesmo, modificalos, acceder ás contas de correo, mensaxes, etc.
A Asociación non garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade dos datos, programas, información ou opinións, calquera que sexa a orixe, que circulen pola súa rede ou polas redes ás que a persoa usuaria poida acceder a través da Web. A persoa usuaria acepta expresamente deixar exenta á Asociación de calquera responsabilidade relacionada coa Web. A persoa usuaria asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puidesen derivarse do acceso a ditos contidos así como da súa reprodución ou difusión.
A Asociación non será responsable das infraccións de calquera persoa usuaria que afecten aos dereitos de outra persoa usuaria da Web ou de terceiros, incluíndo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial.
A Asociación fará uso das accións civís ou penais que por lei corresponda ante calquera utilización indebida do seu dominio Web. Os litixios que puideran xurdir en relación a este dominio rexiranse unicamente polo dereito español, someténdos aos Xulgados e Tribunais competentes de Santiago de Compostela.