O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta iniciativas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta iniciativas. Amosar todas as publicacións




Os clubs de lectura dos centros de educación secundaria, bacharelato e formación profesional son unha iniciativa de fomento da lectura libre e voluntaria. Son comunidades lectoras que favorecen o intercambio entre iguais de opinións, intereses e emocións e inflúen positivamente na formación como lectores do alumnado participante.
Os 50 libros máis lidos polos 231 clubs de lectura dos centros educativos de Galicia durante o curso 2017/2018.


As nosas bibliotecas escolares teñen moito que ofrecer. Nesta entrada xuntamos algúns dos marabillosos recursos que podedes atopar nos diferentes blogs das bibliotecas escolares galegas:





Coma todos os veráns, veñen as bibliotecas e os amigos lectores cargadiños de recomendacións e palabras fermosas para nos animar á lectura! 

Nós compilamos aquí unha selección de novas e de lecturas recomendadas para que non perdades ocasión de gozar este verán:

  • Comezamos cunha fermosa reflexión de Manuel BRAGADO, publicada estes días no Faro de Vigo: Beneficios da lectura.
  • Dentro da programación infantil e xuvenil a Biblioteca Pública de Santiago ÁNXEL CASAL presenta a mostra bibliográfica Son unha raiña, son un rei: a ruptura de estereotipos nos contos infantís. Pódese ver na Sala infantil ata o 31 e agosto, en horario de mañás.
  • BIBLIOLEIROS non podía faltar a esta cita! Este verán tráennos máis recomendacións en forma de podcast (aquí!) e toda a morea habitual de suxestións estivais neste CATÁLOGO.
  • Dende Caderno da Crítica tamén nos chegan DEZ TÍTULOS PARA ESTE VERÁN, cun par de achegas de LIX.
  • O equipo da biblioteca do CEIP VIRXE DO CARME de Barreiros tamén nos achega unha selección de lecturas para este verán aquí.


Esta semana, o presidente de GÁLIX e a OEPLI, Xosé Antonio Perozo, xunto co vicepresidente Antonio Seijas, Mercedes Pacheco de Auga Editora e David Cortizo de Urco, reuníronse co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para analizar a nosa proposta para a creación dun premio de teatro infantil e xuvenil baixo o nome de Carlos Casares.

A iniciativa propón un premio de carácter anual cuxa convocatoria coincida coa data de nacemento de Carlos Casares, o 24 de agosto. O ditame do xurado tería lugar na mesma data do ano seguinte. O Teatro Principal de Ourense acollería no Nadal seguinte a representación da obra gañadora.

A nova na web da Deputación.


En apoio de Acampa, a Biblioteca Municipal Durán Loriga de A Coruña está a realizar unha mostra bibliográfica que, co título Biblioteca en Acción. Refuxiadas, recomenda obras de ficción e divulgación sobre as persoas #refuxiadas.

Na mostra pódense atopar contos, documentais, ensaios, novelas, cómics, etc. para todas as edades. Esta mostra, que tamén está dispoñible para o préstamo, intenta divulgar e visibilizar a realidade que viven milleiros de persoas que fuxen da dor, do sufrimento, das inxustizas, etc. e buscan refuxio fóra da súa terra natal.

A guía de lecturas recomendadas pódese ver nesta ligazón.



Facémosvos chegar a información deste Verkami da man de Mark Wiersma. Aínda quedan 4 días para facer o proxecto realidade!




O proxecto é un librodisco (o segundo, parte dun proxecto ambicioso de 10 librodiscos), unha proposta interesante e novidosa.

Neste momento quedan 4 días no crowdfunding, e precísanse só algo máis de 500 € para poder chegar á meta e publicar este traballo.

Tes toda a información nos enlaces máis arriba.




Quero cantar é o novo concurso de música infantil da Deputación da Coruña.

Podedes enviar as vosas maquetas entre o 15 de xaneiro e o 15 de abril. 

Toda a información en querocantar.gal e no seu facebook, aquí.