O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta Rosa Aneiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosa Aneiros. Amosar todas as publicacións

 


O Premio "Raíña Lupa" de literatura infantil e xuvenil naceu no 1998, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, coa vontade de fomentar a creatividade literaria dirixida ao mundo dos máis pequenos e de facer memoria desta personaxe de lenda vinculada ás terras de Compostela.

Este ano foi a primeira vez na que o premio se convocou de forma independente en dúas categorías: Literatura Infantil e LIteratura Xuvenil.

Na categoría de Literatura Infantil resultou gañadora a obra Terás que crela de Érica Esmorís na que o xurado destacou “a potencia da voz protagonista, o sentido do humor e a proposta lúdica da historia".

Na categoría de Literatura Xuvenil gañou a obra de Rosa Aneiros, Unha historia de amor como outra calquera, en opinión do xurado, "unha obra áxil, con estrutura circular, que fai un uso da lingua actual e vivo que establece un contraste interesante entre o mundo cotiá da adolescente protagonista e o mundo científico da Antártida".

En edicións anteriores, gañaron o premio Raíña Lupa os escritores Rafael Fernández Lorenzo, Lois Pérez Díaz, Andrea Maceiras Lafuente, Valentín Alvite Gándara, An Alfaya, Xosé García Rodríguez, Héctor Cajaraville, Xesús Fraga, Marcos Calveiro, Carlos López, Antonio Yáñez, Breogán Riveiro, Xosé A. Neira Cruz, Antonio Reigosa, Mario Pereira e Agustín Fernández Paz.

Este sábado pasado, 19 de outubro de 2019, celebrouse o acto de entrega dos premios Xerais e a celebración do 40 aniversario da editorial.
A gala celebrouse en Vigo, no Museo do Mar de Galicia, con Valeria Pereiras como presentadora. Antes da entrega de galardóns ás premiadas e premiado deste ano, Fran Alonso, director da editorial, fixo un percorrido polos 40 anos de historia de Xerais, agradeceu o traballo do xurado e a presencia de Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, e de Xosé A. Perozo, Presidente de GÁLIX.
Durante a presentación  proxectáronse os comentarios de Icíar Roca Veloso, alumna de 6º de Primaria, da youtubeira Eira Losada que mantén a canle Nubes Baixo Ti e da xornalista Ana Abelenda.

Rosa Aneiros, gañadora do Premio Merlín agradeceu o premio, convidou aos lectores a ler literatura infantil e xuvenil, superando as etiquetas, e presentou o seu libro coma unha  invitación á reflexionar sobre o deterioro do medio ambiente.

 Rosa Aneiros e Andrés Meixide dedicáron un exemplar para a biblioteca de GÁLIX.



Enma Pedreira, XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, comentou o proceso de documentación e as razóns que a levaron a elexir a Inglaterra victoriana como marco para a súa primeira novela xuvenil, que retrata a situación das mulleres na revolución industrial.
       
          Tamén Enma Pedreira dedicou un libro para GÁLIX.





A obra "Xangai a Barcelona" de Amador Castro recibiu o Premio Xerais de Novela
Información previa no en anteriores entradas do blog de GÁLIX.
 Galería de fotos no xornal Faro de Vigo.

O pasado sábado, 8 de xuño, déronse a coñecer os Premios Xerais do ano 2019, dotados con 10.000 euros cada un. 
 
Rosa Aneiros é a gañadora do XXIV Premio Merlín de Literatura Infantil coa obra “Xelís, o guieiro das botellas de mar”. De entre as 28 obras presentadas, o xurado valorou o ser un texto de doada lectura, escrita nun galego de gran riqueza léxica; tamén o tema, centrado na crise ecolóxica e da contaminación do plástico; e destacou a excepcional construción dun universo propio, habitado por personaxes entre o fantástico e o real.
 














O XI Premio Jules Verne de Literatura Infantil foi para Emma Pedreira, membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega, pola obra titulada “Os corpos invisibles” que destacou entre as 20 presentadas polo seu firme feminismo e a orixinalidade no desenvolvemento da trama.

Máis información: