O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións


  

Celebraremos este venres 17 de maio a 61 edición do Día das Letras Galegas.

Este ano a Real Academia Galega dedica esta efeméride a Luisa Villalta, escritora e música.

Primavera das Letras, un Portal web da Real Academia Galega ofrece desde 2016, co apoio da Deputación da Coruña, "unha xanela dixital desde a que o profesorado e as familias poden acceder a recursos lúdicos e didácticos para achegar aos mozos á figura que cada ano protagoniza o Día dás Letras Galegas".

Neste espazo web atoparedes materiais educativos e fichas didácticas e sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Publicáronse este ano varias aproximacións á persoa e a obra da autora homenaxeada para o lectorado máis novo:

  • Luísa Villalta. Melodía de palabras de María Canosa, en Xerais.

  • Luísa Villalta. Alma de violino de Beatriz Maceda e Eli Ríos. Álbum ilustrado en Xerais.

  • Abonda con vivir: Luísa Villalta de Montse Dopico en Xerais.

  • Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta de Mauricio Iglesias en Lela Edicións.

  • Luisa Villalta: Sempre infinita de Eva Mejuto en Cumio, Miudiñas.

  • O violino de Luisa de Verónica Santalices en Galaxia.

     

Referencias na rede:

 

Celebraremos este mércores 17 de maio a 60 edición do Día das Letras Galegas.

Este ano a Real Academia Galega dedica esta efeméride a Francisco Fernández del Riego, tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor.


Primavera das Letras, un Portal web da Real Academia Galega ofrece desde 2016, co apoio da Deputación da Coruña, "unha xanela dixital desde a que o profesorado e as familias poden acceder a recursos lúdicos e didácticos para achegar aos mozos á figura que cada ano protagoniza o Día dás Letras Galegas".

Neste espazo web atoparedes materiais educativos e fichas didácticas e sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.

Referencias na rede:




 FELIZ DÍA DAS LETRAS!

Imaxe da páxina da Real Academia Galega

N
o día das Letras Galegas de 2022, lembramos a figura de Florencio Delgado Gurriarán con moitas as actividades, actos e publicacións que ven a luz co gallo deste día.

A Real Academia Galega presentou unha nova edición do proxecto Primavera das Letras, dirixido ao público infantil, que recolle unha biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.

Editoras e institucións publicaron estes últimos meses para achegar a figura do autor á xente máis nova:

  

 

Algunhas ligazóns para afondar na persoa e na obra do autor homenaxeado:

 

 


 

 A Real Academia Galega prepara os eventos e actividades en relación co Día Letras Galegas que este ano protagoniza Florencio Delgado Gurriarán.

A nova edición do proxecto Primavera das Letras, dirixido ao público infantil, recolle unha biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán que pode descargarse na páxina web do programa. 

Neste espazo incorporaranse novas actividades interactivas, fichas para colorear e outros recursos arredor do universo vital e literario de Delgado Gurriarán, concibidos para abordar cos nenos e nenas tanto contidos lingüísticos e literarios como outros transversais.

Dentro deste mesmo proxecto inclúese o consurso Contádenos o voso Día das Letras que ten como obxectivo promover un espazo de participación para a xente máis nova.

 

 

 XELA ARIAS, a persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas no ano 2021, xogou un papel fundamental no achegamento de grandes autores da LIX internacional ao lectorado infantil e xuvenil galego; á súa actividade como tradutora e editora debemos a a publicación en galego de:

  • As bruxas, de Roald Dahl, con Lidia Iglesias Izquierdo (1989, Xerais)
  • Os cómics de Franka, de Henk Kuijpers, con María Xesús Lameiro (1990-1992, Xerais).
    • Os dentes do dragón, 
    • A caída do dragón, 
    • Competencia a morte, 
    • A volta do sol do norte e 
    • A vinganza do barco fantasma
A única obra de Xela Arias no campo da literatura infantil é Non te amola!, obra inédita publicada por Galaxia en maio deste ano 2021, con ilustracións de Luz Beloso.

  Neste ano, a ela dedicado, publicáronse diversas biografías:


Medios e institucións teñen publicada información, recursos e materiais sobre a autora:





Editorial Galaxia achéganos esta novidade, libro inédito da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas, para a Biblioteca de GÁLIX:

  • Non te amola!


 

 

Título: Non te amola!

Autora: Xela Arias

Ilustracións: Luz Beloso

Editorial: Galaxia

Colección: Libros para compartir

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/non-te-amola/



Novas:
  • Recomendación de Libraría Couceiro:

Cartel do Día das Letras Galegas 2020. Representa ao autor Ricardo Carvalho Calero
Ao longo desta semana, a compañeira Tamara Andrés veu publicando nas redes sociais de GÁLIX (Facebook, Twitter e Instagram) unha serie de pílulas informativas que dan conta das publicacións sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero, no marco da literatura infantoxuvenil:

✒ ️ Héctor Cajaraville asina 'Ricardo Carvalho Calero. A pegada do
compromiso' (Xerais), un libro onde as crianzas se poden achegar dun xeito ben ameno á vida e mais á obra do autor. Na páxina da editorial podedes atopar, ademais, unha ficha de lectura coa que traballar na casa.
https://www.xerais.gal/libro.php?id=6090285&fbclid=IwAR2IVm8rSjLnHieOnWwIfhOftTGl6PAD4BM_f1yWnuEbzwEn4AfiddwT7eM


✒ ️ Edicións Embora deu ao prelo en formato libro 'As pitas baixo a
choiva', un relato breve que Carvalho Calero publicou orixinalmente na revista Lar no ano 1952 no que narra un feito anecdótico da súa infancia.
O relato pode lerse en versión dixital nunha páxina web que tamén
aloxa un proxecto educativo arredor da obra.
http://aspitas.gal/?fbclid=IwAR1_fdHhDuX2_Z84TjwV4-MarbrXtvxdSKaWMi5Zyiq5XT-whn1OaO3Im_Q  

 ✒ ️ Na colección de banda deseñada para divertirse aprendendo, Lela Edicións publicou unha pequena biografía de Ricardo Carvalho Calero con textos de Polo correo do vento e ilustracións de Miguel Pérez Ramudo.
https://lelaedicions.blogspot.com/p/banda-desenada.html?fbclid=IwAR1jDWaEtew6L84Zh3kAxH2Flq8jLlseCGkrEVeX_YsF4jtE6nBQAoxWzaY

✒ ️ No catálogo de Hércules de Ediciones atopamos 'De Carballo Calero a
Carvalho Calero. Biografía, escolma de textos, guías de lectura, actividades e xogos', un libro ideal sobre o autor das Letras Galegas 2020 para traballar co público xuvenil.
https://www.herculesediciones.com/gl/libro/de-carballo-calero-a-carvalho-calero/?fbclid=IwAR0SKPhT_gVXBHsa4fYsqBrKRJO4lY-crQDIKpq9YklujMjROTiOgLKLyyo

✒ ️ Desde Auga Editora achegan o poético 'Carvalho Calero fronte ao
espello da memoria', un libro de Alberto Ramos ilustrado por Antonio Seijas no que se fai un percorrido pola xeira vital e intelectual do autor.
https://augaeditora.gal/publicacion/carvalho-calero-fronte-ao-espello-da-memoria/?fbclid=IwAR2A04nb-kMvQzijrv0PeYzEnnfFOUiN7XnWViznbgE-s2NcyEG-W_bz3Vw


✒ ️ A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de
Política Lingüística, publica no Portal da Lingua Galega un novo volume da colección dos Bolechas 'As miñas primeiras Letras Galegas' dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
https://www.lingua.gal/c/portal/layout?p_l_id=1639665&content=letras-galegas%2F2020%2Fcontido_0011.html&fbclid=IwAR171t2Gud0arJPRyzHYnE9UCTIdGPJiG1Qh4W-ABdUmZF0ru9AvahyUvrs