O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta premio Arume. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premio Arume. Amosar todas as publicacións

 


FEBR
EIRO 2025

Recomendamos Os versos da mariola de Antón Cortizas Amado

 

 

 Os versos da mariola acadou o premio Arume de poesía para a infancia do ano 2022. Daquela, o xurado afirmou que se trata dunha obra moi orixinal, dun xogo que vai máis alá do poético chegando ata o mesmo deseño do libro, ao aportar diversas formas creativas para a presentación dos poemas. Unha verdadeira brincadeira plena de lectura - xogo e poesía - xogo, na que a creatividade acompaña ao oficio e o dota dunha gran calidade. Unha proposta de libro lúdico no que destaca a riqueza da linguaxe, a unidade e perfección temática ao lado da reivindicación do xogo tradicional e o encontro real das crianzas sen necesidade de xoguetes ou pantallas.

O autor utiliza todo tipo de recursos literarios (pareados, encadeados, metáforas, onomatopeas, adiviñas...) e os propios de poesía visual (coma os caligramas, entre outros) para realizar un percorrido polo xogo, dende as instrucións, as sortes de botar, as mariolas de todo tipo de formas e tamaño, as diferentes maneiras de xogar (por exemplo cos dedos) e os xogos lingüísticos (substitución de cada letra por un número, a desaparición das vocais, cambiar de lugar as letras, as palabras ou os versos). O libro esixe unha lectura activa pois varios poemas han de lerse coa participación de varios lectores a un tempo, polo que se vai precisar a colaboración de compañeiras.

Cortizas alertou sobre os cambios aos que se vía sometida a rapazada en relación ao tempo, lugar e compañeiros de xogo, na obra de teatro Xogando con gatos (Premio de teatro na I Gala do Libro Galego de 2016). Agora, en O xogo da mariola, no apartado “O porqué destes versos”, mostra a súa preocupación ante o cambio das formas de enredar da infancia nos últimos tempos, defendendo os valores positivos e didácticos do xogo tradicional e reivindicando o ludismo que forma parte da lectura e a poesía. Con todo, non é este un libro didáctico senón un libro que reivindica o xogo como motor e o fai a través dun específico: a mariola. Este divertimento semella desenvolverse na Europa renacentista, baseándose na temática d´A divina comedia de Dante, obra na que o personaxe, cando sae do purgatorio e quere acadar o paraíso, ten que atravesar nove mundos. O xogador vai empuxando a pedra que se supoñía representaba a súa alma, partindo da Terra para ir ata o Ceo, vixiando non caer no pozo ou inferno ao longo do percorrido. Estamos pois ante un xogo iniciático, igual que o da oca (con todos eses riscos: pousada, ponte, morte, pozo, cárcere...) e sen posibilidade de pararse sobre a liña xa que da Terra ao Ceo non hai fronteiras nin descansos. Un xogo tan especial que lle dou nome á novela de Cortázar: Rayuela.

As ilustracións con colaxes de Andrés Meixide introducen tellas e pedras pintadas ao lado de chapas, ceras e debuxos convencionais; elabora caligramas facéndoos coincidir coma os dentes dunha cremalleira, fai firmamentos no mapa do país, tráenos o berro de Munch na raia da cobra... e vai enchendo de significados e referentes as imaxes. Este pode ser un dos libros máis difíciles de ilustrar, deseñar e maquetar que nos caeran nas mans, por iso se debe valorar este traballo tan completo e acaído de Meixide, pois só el é quen de presentarnos un produto tan ben rematado.

 

Pilar Sampedro

 



GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.

Este venres 13 de decembro ás 19 h no Auditorio Neira Vilas, da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela tivo lugar a entrega a Beatriz Dourado do Premio Arume de poesía para a infancia, iniciativa da Fundación Neira Vilas, en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil - GÁLIX, co inestimable apoio da empresa Deleite e a participación do Concello de Vila de Cruces e a editorial Embora.


En opinión do xurado, formado por Rosalía Morlán (membro do padroado da Fundación), Pilar Sampedro (membro do padroado e socia de GÁLIX) e Miguel Alonso Diz (en representación de GÁLIX), Latexos, o poemario premiado, destaca polo intelixente e suxestivo uso de recursos diversos como as onomatopeias, anáforas ou metáforas que constrúen un universo poético engaiolante para o público novo, co que busca establecer un diálogo.

Presentouse tamén o libro Versos (a)variados, de Pablo Nogueira, gañador da edición anterior, que compartiu os seus versos co público asistente.

Dende GÁLIX agradecer a todas as entidades e persoas que dan vida a un premio que dá continuidade ao legado de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, e que, sen dúbida, contribúe dun xeito importante a literatura infantil en galega

O Premio Arume de Poesía para a Infancia é un certame creado no 2001 por Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil. Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX co patrocinio da empresa galega Deleite veñen convocando dende hai anos este premio que, neste ano 2024 ten como gañadora a poeta lucense Beatriz Dourado co seu poemario Latexos.

O xurado destacou o uso de recursos diversos como as onomatopeias, anáforas ou metáforas que constrúen un universo poético engaiolante para o público novo.

A Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX veñen de convocar o Premio Arume de Poesía para a Infancia, creado no 2001 por Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil.


Por outra banda, GÁLIX, que ten como unha das súas funcións a defensa e promoción da cultura e lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil, considera necesario estimular a presenza da poesía no sistema literario galego.

O certame de poesía conta co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa lingua e coa cultura do país.

A obra premiada será publicada por Edicións Embora.

A obra Versos (a) variados do escritor Pablo Nogueira resultou gañadora na edición de 2023.

Poderán concorrer autores e autoras, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten:

  • Obras orixinais en galego.
  • Cunha extensión mínima de 350 versos.
  • Nun só poema ou un grupo deles.
  • Dirixido a lectorado infantil.
  • O galardón terá unha dotación de 1.000.
  • O prazo de admisión de orixinais remata o 3 de novembro de 2024, Día de Neira Vilas e Día do Lector e a Lectora.

 

 


    •  

ACCESO ÁS BASES DO CONCURSO

 


 

A obra Versos (a) variados do escritor Pablo Nogueira resultou gañadora do Premio Arume de Poesía para a Infancia convocado pola Fundación Neira Vilas en colaboración con GÁLIX.


O xurado composto polo presidente de Gálix, David Cortizo Conde, e Rosalía Morlán e Pilar Sampedro como representantes da Fundación Neira Vilas, valorou na obra de Pablo Nogueira "a creatividade no uso e dominio do rexistro musical, o emprego de múltiples recursos lingüísticos e literarios que, como se dun xogo se tratara."

O libro será publicado, como os anteriores, pola editorial Embora.

O certame de poesía conta co patrocinio de Deleite, unha empresa comprometida coa lingua e coa cultura do país.

 

 

 

 

 



Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX veñen de convocar o Premio Arume de Poesía para a Infancia, creado no 2001 por Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil.

Por outra banda, GÁLIX, que ten como unha das súas funcións a defensa e promoción da cultura e lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil, considera necesario estimular a presenza da poesía no sistema literario galego.

O certame de poesía conta co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa lingua e coa cultura do país.

A obra premiada será publicada por Edicións Embora.

Na anterior edición do certame gañou o poemario Os versos de Mariola de Antón Cortizas.

Poderán concorrer autores e autoras, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten:
    • Obras orixinais en galego.

    • Cunha extensión mínima de 350 versos.

    • Nun só poema ou un grupo deles.

    • Dirixido a lectorado infantil.

    • O galardón terá unha dotación de 1.000.

    • O prazo de admisión de orixinais remata o 3 de novembro de 2023, Día de Neira Vilas e Día do Lector e a Lectora.

 

 

ACCESO ÁS BASES DO CONCURSO 



A obra Os versos da mariola, de Antón Cortizas, resultou gañadora no Premio Arume de Poesía para a Infancia da Fundación Neira Vilas.


 O
xurado, composto por Xosé Antonio Perozo, Presidente de GALIX, Rosalía Morlán, Secretaria da Fundación Neira Vilas e Pilar Sampedro, experta en literatura infantil e xuvenil e vicepresidenta de GÁLIX, valorou na obra de Cortizas reivindicación do xogo tradicional a través da poesía, unha sorte de brincadeira coa palabra poética como vehículo para achegarse a un encontro entre a rapazada, máis alá da tecnoloxía ou as pantallas

O autor premiado nesta edición do Premio Arume é un escritor que conta cunha ampla e sólida traxectoria dentro da literatura en galego para o lectorado máis novo e tamén como investigador do eido da cultura e os xogos populares.

Este venres, 16 de decembro, no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, terá lugar o acto de entrega do Premio Arume 2022 coa presencia de Pedro González Boquete, representando a Deleite, Xosé Antonio Perozo, presidente de GÁLIX e Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística. Na mesma xornada farase a presentación dos libros gañadores na anterior edición do certame, coa presencia dos seus autores

A Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX, suman esforzos para manter vivo o certame literario creado hai vinte ano por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil. 

O premio conta co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa calidade do seu produto, mais tamén coa lingua e coa cultura.

 

 

 

Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX veñen de convocar a segunda edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia, creado no 2001 por Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil.

Por outra banda, GÁLIX, que ten como unha das súas funcións a defensa e promoción da cultura e lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil, considera necesario estimular a presenza da poesía no sistema literario galego.

O certame de poesía conta co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa lingua e coa cultura do país.

A obra premiada será publicada por Edicións Embora.

Poderán concorrer autores e autoras, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten: 

  • Obras orixinais en galego.
  • Cunha extensión mínima de 350 versos. 
  • Nun só poema ou un grupo deles. 
  • Dirixido a lectorado infantil.  
  • O galardón terá unha dotación de 1.000. O prazo de admisión de orixinais remata o 3 de novembro de 2022, Día de Neira Vilas e Día do Lector e a Lectora.



ACCESO 

ÁS

BASES

 


O xurado do Premio Arume de Poesía Infantil, composto por Xosé Antonio Perozo, Presidente de GALIX, Rosalía Morlán, Secretaria da Fundación Neira Vilas, María Xesús Fernández, Manuel Figueiras e Pilar Sampedro decidiu outorgar o Premio Arume de Poesía Infantil 2020 a dous poemarios que serán publicados pola editorial Embora e que comparten unha mesma arela provocativa, arriscada e de notable creatividade.

Plarapluie, de Ramón D. Veiga, un libro divertido e provocador no que se busca a risa pola extravagancia e a complicidade cos pequenos lectores e lectoras. Unha linguaxe áxil e de calidade, na que os recursos poéticos están moi ben empregados a sonoridade envolve os versos.

A flor da letra de Manuel López Rodríguez, que constitúe unha singular homenaxe á poesía establecendo un diálogo con poetas relevantes da nosa literatura. O ritmo introdúcenos nunha proposta unitaria, cunha rica linguaxe conceptual e variados recursos que nos conducen á oralidade e participación coral.

A Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX, suman esforzos para manter vivo o certame literario creado hai vinte ano por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil.

O premio conta co patrocinio de Deleite, unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa calidade do seu produto, mais tamén coa lingua e coa cultura.

Premio Arume de Poesía para a Infancia, convocado por:

  • cunha dotación de 1.000 € 

Poderán concorrer autores e autoras, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten:

BASES
 

  • Obras orixinais en galego.
  • Cunha extensión mínima de 350 versos.
  • Nun grupo ou nun único poema
  • Dirixido a lectorado infantil.
  • Antes do 17 de maio