O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta observatorio do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta observatorio do libro. Amosar todas as publicacións

 O Consello da Xunta autorizou a creación do Observatorio da Literatura Infantil e Xuvenil Iberoamericana en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX).

O novo organismo, que terá a súa sede na Cidade da Cultura de Galicia, ocuparase da análise da situación do libro infantil e xuvenil iberoamericano, fomentando o estudo e investigación de todo o relacionado coa creación, plástica e textual, e a produción en calquera tipo de soporte e formato.