Paula Carballeira dedícase profesionalmente á narración oral e ao teatro, coa compañía Berrobambán, dende hai máis de vinte anos.
Como escritora ten unha longa traxectoria na que cultiva todos os xéneros e leva publicados numerosos libros, de teatro, narrativa e poesía dirixidos principalmente ao lectorado infantil e xuvenil.
En 2020 escribiu para GÁLIX o manifesto do Día Mundial do Teatro.
Dende a súa posición de autora de obras traducidas a diversos idiomas aporta a súa visión sobre o libro infantil e xuvenil traducido, como parte das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI.
0 comentarios:
[Comentario blog]