O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

 

A Fundación Rosalía de Castro centraliza boa parte dos actos institucionais que se celebrarán mañá venres, 23 de febreiro na Casa de Rosalía, cunha degustación do Caldo de Gloria e un concerto de Faia Díaz; en Padrón e en Santiago de Compostela.


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora o aniversario do nacemento da autora nun acto que se celebrará o sábado 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. Na cerimonia darase lectura ao Manifesto redactado, nesta edición, por Carlos Callón

A efeméride celébrase en todos os centros de ensino, en todos os concellos de Galicia e moitas institucións no exterior.

 Este ano, por primeira vez, celebramos Día de Rosalía o 23 de febreiro, data real de nacemento da autora.

Aínda que A Fundación Rosalía de Castro centralizan boa parte dos actos institucionais, a efeméride celebrase en todos os concellos de Galicia e moitos no exterior.

A AELG celebrou acto central o sábado 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, Santiago de Compostela coa lectura do manifesto, redactado este ano pola escritora Beatriz Maceda Abeleira

Compartimos tamén a homenaxe de Pilar Sampedro a través do seu programa Libros para as medras en Radio Ateneo.


 

 

 

 

CONCURSO

 O proxecto global ES TI QUE CANTAS, de Rebordelos,  convoca a participar
no concurso
#ESTIQUECANTAS, en Instagram e Tik Tok, cun vídeo que interprete a obra en galego de Rosalía de Castro.

Adxudicaranse tres premios:

· Premio LIEDERS: a unha peza inspirada na ollada reivindicativa, feminista e inconformista de Rosalía de Castro.

· Premio FIESTRAS: a unha peza que destaque pola súa proposta formal empregando recursos audiovisuais e/ou das redes sociais.
· Premio CANTARES: a unha peza inspirada no patrimonio paisaxístico e inmaterial de Galicia, nas nosas raíces e na nosa lingua.

Consultade as bases AQUÍ: