O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta Consello da Cultura Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Consello da Cultura Galega. Amosar todas as publicacións

O pasado mes de xaneiro celebramos as XII Xornadas GÁLIX que, nesta ocasión, versaron sobre novos formatos de lectura en galego

Podedes ver os vídeos das tres sesións na nosa canle de YouTube:


Toda cultura normalizada precisa libros accesibles para os diferentes niveis de lectura, con información contextualizada, veraz e útil en soportes e formatos actualizados no idioma propio

As nenas e nenos son, por propia iniciativa, lectoras e lectores en calquera formato que responda aos seus intereses e á súa curiosidade. En moitos casos precisan de formatos diferentes que lles permitan acceder en condicións de igualdade á cultura, á información e ao coñecemento. O idioma no que reciban esta información será no que constrúan a súa interpretación.

É a nosa responsabilidade, como mediadores e produtores de libros promover que a lingua galega estea presente e normalizada en calquera formato.

Respondendo a estas necesidades detectadas, os días 15, 22 e 29 de xaneiro de 2024 organizamos, no Salón de actos do Consello da Cultura Galega de Santiago de Compostela, esta actividade que conta coa axuda do Ministerio de Cultura e a OEPLI.

No peche destas Xornadas, David Cortizo Conde, presidente de GÁLIX, anunciou a celebración das seguintes que terán como tema central o humor na LIX.

 

 

 

 

 

O vindeiro luns, 15 de xaneiro, celebraremos a primeira sesión da duodécima edición das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia.

 

As Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia XII. "A LIX fronte aos novos formatos de lectura", é unha actividade formativa organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil , sección da OEPLI correspondente ao ámbito galego) con axuda do Ministerio de Cultura e Deporte.

A actividade contará coa colaboración do Consello da Cultura Galega que nos cede o espazo de celebración e os medios técnicos de retransmisión.

O CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) certificará 9 horas de formación ao profesorado que participe e que pode inscribirse a través da plataforma FPROFE.



 

 


O ensino por proxectos nos que o alumnado, para acadar as competencias, aprende a buscar, seleccionar, valorar e contrastar información, traballando directamente coas fontes informativas, esixe moito máis do que libros de texto, precisa libros accesibles para os diferentes niveis de lectura, con información contextualizada, veraz e útil en galego

As nenas e nenos son, tamén por propia iniciativa, lectoras e lectores de textos de información nos que buscan respostas aos seus intereses e modelos que lles axuden a interpretar o mundo. O idioma no que reciban esta información será no que constrúan a súa interpretación.

É a nosa responsabilidade, como mediadores e produtores de libros promover que estas fiestras da mente se abran en galego para normalizar o seu uso como lingua de comunicación e de coñecemento.

Respondendo a estas necesidades detectadas, os días 25 e 26 de xaneiro e o 1 de febreiro de 2023 celebramos as X Xornadas GÁLIX que, nesta ocasión, versaron sobre o libro infantil e xuvenil de non ficción en galego. A actividade, con axuda do Ministerio de Cultura e Deporte e a participación do CAFI, realizouse no Salón de actos do Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. 

Os vídeos das tres sesións están dispoñibles na nosa canle de YouTube.