O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta ´Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ´Teatro. Amosar todas as publicacións

Co fin de incentivar a creación literaria no eido teatral e procurar un fondo de textos teatrais que poidan ser representados e lidos polo lectorado xuvenil, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, veñen de convocar o VII Premio Vidal Bolaño 2024, que pretende ademais honrar a figura do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

  • Para textos teatrais inéditos escritos en idioma galego.

  • Dirixidas a lectorado xuvenil de 12 anos en diante.

  • O galardón terá unha dotación de 2.000.

  • A obra gañadora será publicada pola editorial Galaxia.

  • O prazo de admisión de orixinais remata o 31 de xaneiro de 2024.

ACCESO ÁS BASES

Travesía unicornio, de María Canosa é o primeiro Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia.

A autora, comprometida de sempre coa lingua, conta cunha obra considerable no eido da narrativa e a poesía; como muller de formación científica que é, escribe tamén textos de divulgación, dos que tanta falta temos. Aínda que a maioría dos seus libros están dirixidos ao público infantil e xuvenil, colabora habitualmente na prensa escrita e ten publicada obra para adultos.

El próximo domingo 27 de marzo farase entrega do galardón nun acto que se celebrará na Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces), ás 17.30 horas.

O xurado destaca o valor literario da peza que se vai desenvolvendo cara o absurdo. Sinala tamén o tratamento de temas como a amizade, a condición de xénero, a identidade ou a diferenza.

A obra, como se estipulaba nas bases, será publicada por Edicións Embora.