DESCARGAR |
Logo da súa presentación no Espazo Libro do CULTURGAL 2022 a cargo de X.Antonio Perozo, presidente de GÁLIX, e Víctor Rivas, membro da directiva, o libro CREADOR@S NA RESERVA estará accesible e descargable dende na páxina de GÁLIX.
Trátase dunha publicación, coordinada por María Canosa, que ten o obxectivo de destacar a riqueza natural da Reserva de Biosfera: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e difundir o recoñecemento outorgado pola UNESCO.
A obra responde á idea inicial de poñer en relación a creación literaria e plástica, unindo 21 textos literarios e 21 ilustracións de creadoras e creadores galegos nos 42 traballos que recolle este volume que contou co apoio da Deputación da Coruña.
0 comentarios:
[Comentario blog]