FEBREIRO
2026
Recomendamos
Medo
me da!
de
Ramón
Domínguez Veiga
En
formato de texto teatral, perfectamente representable,
cóntanos de maneira impecable unha historia sinxela e divertida que
acontece o día 2 de novembro, en que se honra aos mortos e no que
nenos e nenas se disfrazan de personaxes tétricos.
Un
vampiro, un home lobo, unha bruxa, unha momia, unha pantasma e alguén
máis… transitan por espazos nos que una criatura humana de curta
idade adoita ter medo, como pode ser ir a unha clínica dental.
O
feito de que os “monstros” sexan nesta ocasión os que sufran
eses medos tan comúns aos humanos, fainos máis atractivos e a
mensaxe “quita-medos”, máis efectiva.
Trátase
de seis escenas que van sementando intriga. Ao final de cada escena
sempre acontece “algo” inesperado que lle impide ao lector, á
lectora, saber de que se disfrazaron, avanzando habilmente cara a un
desenlace final que sorprende e satisfai á cativada a quen vai
destinada a obra.
Precisamente
un dos seus valores é que ten os ingredientes precisos para
conquistar á xente miúda cara ao gozo da lectura.
Aínda
que convida a ser representada coma un musical, tanto por escolares
(en calquera curso de primaria) como por profesionais da escena. Cada
escena remata cunha canción a modo dos populares romances de cego
daquela literatura chamada “de cordel” (con temas truculentos e
sucesos insólitos) e con “baile”. Préstase tamén a ser lida
individual o colectivamente coma unha peza literaria moi amena que
trata de desmontar os medos máis comúns da infancia cun humor
ateigado de equívocos e lúcida ironía, da que nenos e nenas poden
gozar porque hai no autor ese esforzo en comunicarse con quen é máis
novo ca nós, non menos intelixente.
FinaCasalderrey
GÁLIX
publica
cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para
a sección
Este
libro encantoume
da
OEPLI.
Todos os meses poderás ver
neste
blog
as
recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web
da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos
lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar
coas
túas recomendacións, non dubides en nos
contactar.