Recomendancións lectoras de Entroido 2026

Publicado por GÁLIX | 10.2.26 Deixa un comentario

 

 
 
Dende GÁLIX presentamos esta guía de recomendacións lectoras para o tempo de Entroido, que achega tanto bibliografía arredor desta temática como recursos e xogos descargables, para centros educativos e bibliotecas. 
Contamos tamén con cuestionarios sobre as tradicións destas datas e recomendacións lectoras, por parte de autoras e autores da nosa LIX.   
 
 
 
O Entroido constitúe unha das manifestacións máis ricas do noso patrimonio cultural, na que se combinan tradición, creatividade, diversión, participación comunitaria e transgresión.  A súa presenza no libro infantil e xuvenil galego permite achegar esta festa ás novas xeracións dun xeito lúdico, de aí esta pequena selección de títulos que, no seu conxunto, contribúe a exaltar a nosa diversidade cultural e identidade colectiva.  
No país dos entroidos, descubriremos os seus múltiples nomes, vestirémonos de peliqueiros, boteiros, máscaras, felos, pantallas, xenerais, bonitas ou cigarróns, e comeremos filloas, orellas ou botelos. 
   A pasalo ben coa lectura e coa festa!!! 
 
 
Miguel García-Fernández
vogalía de bibliotecas e redes sociais 
 
 
Accede neste enlace: 
 
 
 
 
Xogos descargables:
 
 
 



Podes descargar a guía premendo na imaxe!
 

 
 
 
 
 
Ilustrado por: María Montes (vogalía de ilustración)

 
 

 
 
 

Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]