O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta Premio Manuel María. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premio Manuel María. Amosar todas as publicacións

 


Centro Dramático Galego en coprodución con Os Monicreques de Kukas porá en escena O carteiro de Ximaraos de Carlos Labraña, obra gañadora da edición número trece do premio Manuel María de literatura dramática infantil, convocado pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia .

A obra, que trata -xogando coa realidade e a fantasía- a situación das crianzas que conviven cunha persoa afectada de alzhéimer, estará no Salón Teatro de Santiago de Compostela os días 28, 29 2 30 de maio.

 

Co fin de incentivar a creación literaria no eido teatral, cada dous anos a Xunta da Galicia convoca dous premios de literatura dramática dirixidos ao público infantoxuvenil: o Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.

Carlos Labraña resultou gañador da edición XIII do premio Manuel María de literatura dramática infantil con O carteiro de Ximaraos. E, neste mesmo ano obtivo o premio de teatro de monicreques para público adulto.

O XVI Barriga Verde na modalidade de textos para público infantil foi outorgado a Andrea Cid Freire por Manchea.

Novas na rede: