O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta Bolonia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bolonia. Amosar todas as publicacións

    A Asociación Galega para o Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, decidiu propoñer a escritora galega Fina Casalderrey para o Premio Internacional Hans Christian Andersen considerado o Nobel da literatura infantoxuvenil. Deseguido a directiva da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil), logo de valorar as diferentes propostas das catro seccións de España do IBBY, por unanimidade tomou a decisión de presentar á convocatoria de 2024 a Fina Casalderrey na modalidade de creadora literaria e a Elena Odriozola na modalidade de ilustradora.

     

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey é unha das grandes referencias da literatura infantil española. O Premio Hans Christian Andersen é o máis alto recoñecemento internacional que se concede a un autor/a vivo/a neste xénero. O galardón concédeo a Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) dende o ano 1956 a partir das propostas que realizan as propias seccións nacionais.

 

O fallo do xurado farase público na Feira do Libro Infantil de Boloña en 2024. A entrega dos premios realizarase no marco do 39 Congreso Internacional de IBBY, que se celebrará en Trieste (Italia) do 30 de agosto ao 1 de setembro de 2024.

    O xurado internacional está integrado por Evelyn Arizpe (México/UK), Brenda Dales (USA), Sabine Fuchs (Austria), Diana Laura Kovach (Arxentina), Shereeh Kreidieh (Líbano), Bettina Kümmerling-Meibauer (Alemaña), Jaana Pesonen (Finlandia), Tan Fengxia (China), Pavle Uakar (Eslovenia) e Morgane Vasta (Francia), xunto coa directora executiva de IBBY, Carolina Ballester, como membro do xurado ex officio.

O catálogo: Libros infantís e xuvenís de Galicia 2020, elaborado por GÁLIX, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia recolle información sobre as obras de literatura infantil e xuvenil publicadas en Galicia durante o ano 2019.

A edición anual deste catálogo serve de presentación da LIX galega e xanela aberta ao panorama internacional a través das feiras do libro para visibilizar a imaxe de Galicia e o idioma galego no mundo editorial.
Dende Gálix non somos alleos á crise mundial na que non atopamos e somos conscientes do futuro incerto que asexa ao mundo da cultura e ao da Literatura Infantil e Xuvenil.
O documento que agora compartimos pretende ser de utilidade para todas as persoas relacionadas coa LIX, a creadoras e creadores, mediadores e profesionais da produción e difusión que nestes tempos ven dificultado o seu labor.
O novo catálogo, coa ilustración de cuberta de Manuel Uhía está xa dispoñible nos espazos web de GÁLIX.
Blog, páxina de RECURSOS

Pínterest: CATÁLOGOS GÁLIX 

Padlet: CATÁLOGOS, GUÍAS E RECURSOS EN REDE