A
obra Os versos da mariola, de Antón
Cortizas, resultou gañadora
no Premio Arume
de Poesía para a Infancia da Fundación Neira Vilas.
O
xurado,
composto por Xosé
Antonio Perozo,
Presidente de GALIX, Rosalía
Morlán, Secretaria da Fundación Neira Vilas
e Pilar Sampedro,
experta en literatura
infantil e xuvenil e vicepresidenta de GÁLIX, valorou na obra de
Cortizas reivindicación do xogo tradicional a través da
poesía, unha sorte de brincadeira coa palabra poética como vehículo
para achegarse a un encontro entre a rapazada, máis alá da
tecnoloxía ou as pantallas
O
autor premiado nesta edición do Premio Arume é un escritor que conta
cunha ampla e sólida traxectoria dentro da literatura en galego para o lectorado máis novo e tamén como investigador do eido da cultura e os xogos populares.
Este venres, 16 de decembro, no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, terá lugar o acto de entrega do Premio Arume 2022 coa presencia de Pedro González Boquete, representando a Deleite, Xosé Antonio Perozo, presidente de GÁLIX e Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística. Na mesma xornada farase a presentación dos libros gañadores na anterior edición do certame, coa presencia dos seus autores
A
Fundación
Xosé Neira Vilas
e GÁLIX,
suman esforzos para manter vivo o certame literario creado hai vinte
ano por Xosé
Neira Vilas
e Anisia
Miranda
coa finalidade de apoiar a poesía infantil.
O
premio conta
co patrocinio de Deleite,
unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa calidade do
seu produto, mais tamén coa lingua e coa cultura.