O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta Ana Meilán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ana Meilán. Amosar todas as publicacións

 


FEBR
EIRO 2024

Recomendamos Misión salvamento de Cristina Oleby

 

 

Alerta, alerta!, son as 11:02 horas e unha formiga está a ser secuestrada por un paxaro. O grupo de Insectos Especiais prepara unha misión para o seu rescate.

Isto está a pasar na cociña dos Queiruga grazas a mente creativa de Cristina Oleby, escritora sueca establecida en Segovia cunha morea de títulos ás súas costas para pequenos e grandes lectores. Temos o pracer de lela por primeira vez na lingua galega co álbum ilustrado “MISIÓN SALVAMENTO”, editado por Triqueta Verde e ilustrado por Mariona Tolosa.

Non é un álbum ao uso, nin tampouco é un libro un libro informativo. É a maxistral forma de facer unha historia para as primeiras idades mesturada cun montón de datos curiosos.

Ese equipo de rescate está formado por unha mosca que desafía a gravidade camiñando polos teitos, unha araña coa capacidade de respirar durante horas baixo a auga, unha pulga que salta 200 veces o seu tamaño, unha abella que voa a 25 km por hora e bate as ás 200 veces por segundo, un vagalume velenoso, un insecto folla que rexenera extremidades e un escaravello peloteiro que se orienta a través das estrelas. Datos reais, nomes secretos e particularidades propias fan que, con semellante equipo, nada poida saír mal.

Mosca deseña o plan perfecto e cada un encargarase dunha parte. Teñen ata ás 23:58 horas para adestrarse. Conseguirano?

Oleby mantén ao lector agardando a liberación da formiga, pero, ás veces, non todo é o que parece.

Agora son eu a que queda agardando o seu próximo libro na nosa lingua.

 

Ana Meilán

 

________________________

GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.

 Recibimos da Editorial Entre Nubes y Cuentos, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX
  • Xertrudis busca traballo. Co caderno de literatura creativa: O meu libro secreto de bruxería

  • Non o fagas, Tarbi!

  • Familiando xuntos



Título: Xertrudis busca traballo. Co caderno de literatura

creativa: O meu libro secreto de bruxería

Texto: Ana Meilán

Ilustracións: Agustina Mattar

Editorial: Entre Nubes y Cuentos

+ info: https://www.entrenubesycuentos.com/producto/xertrudis-busca-traballo/



Título: Non o fagas, Tarbi!

Texto: Ana Meilán

Ilustracións: Agustina Mattar

Editorial: Entre Nubes y Cuentos

+ info: https://www.entrenubesycuentos.com/producto/non-o-fagas-tarbi/



Título: Familiando xuntos

Texto: Ana Meilán

Ilustracións: Silvina Eduardo

Editorial: Entre Nubes y Cuentos

+ info: https://www.entrenubesycuentos.com/producto/familiando-xuntos/