O Ministerio de Cultura e Deportes, ven de outorgar o Premio Nacional de tradución 2020 a Francisco Xavier Senín, en recoñecemento á súa traxectoria como tradutor ao galego, en "obras de gran variedade temática e tipolóxica".
- Senín é socio fundador de GÁLIX e primeiro Socio de Honra da Asociación con David Otero.
- Presidente da OEPLI de 2000 a 2004.
- Subdirector de Promoción Cultural, do Libro e Bibliotecas desde 1987 ata xullo de 2006
- Vicepresidente da Asociación de Tradutores Galegos dende a súa creación.
E de obras tan necesarias como "A Odisea, contada aos nenos" "Don Quixote", "Mal de escola " de Daniel Pennac e a serie de Asterix.
Referencias á nova na web:
- NÓS Diario: https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/francisco-xavier-senin-premio-nacional-pola-sua-traxectoria-traducion-ao-galego/20201111171135108780.html
- CRTVG: https://www.crtvg.es/rg/destacados/a-tarde-a-tarde-do-dia-11-11-2020-4648336
Quen sementa, colleita. Outono. Tempo de colleitas. Vaia ano, amigo! Moita alegría por ti. Os nosos máis sentidos parabéns, Xavier!
ResponderEliminar