O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta María Reimóndez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta María Reimóndez. Amosar todas as publicacións

 


OUTUBRO
2023


Recomendamos Un choque inesperado de María Reimóndez

 

Unha vez escoitei, como referencia a un libro seu que viñamos de ler no club de lectura feminista da Sega, que María Reimóndez nunca daba puntada sen fío (non, o libro non era O club da calceta) e penso que esta é unha característica que define moi ben a obra desta autora e, nomeadamente, este Un choque inesperado. Aquí, catro

rapazas que veñen cada unha dun punto cardinal distinto da cidade de Lugo, un sinxelo e efectivo recurso da autora para sinalar a diversidade que hai entre elas, chocan á vez na entrada do Museo Provincial. Estamos no ano 2060 e Lugo xa non é a cidade que coñecemos agora. Con todo, é tristemente semellante ao que podería ser nun futuro non moi afastado. Está a muralla, obviamente, e as rúas máis sobranceiras, pero xa case non queda comercio local nin vida social, pois a cidade está dominada pola intelixencia artificial e dedicada ao turismo de masas, mesmo con lugares restrinxidos só aos visitantes e dos que son expulsados os habitantes non gratos. A autora fía unha historia de anticipación, con humor e pericia narrativa, de tal xeito que vai tecendo unha trama de personaxes protagonistas, secundarias, citadas ou intuídas que conforman un tapiz no que están presentes os coidados, a empatía, o compañeirismo, a amizade ou as complicidades. Elementos estes, que resultan necesarios para que a distopía mude en utopía.
Todo isto cosido con mestría literaria, coñecemento do que se conta e o habitual coidado léxico da autora. Porque María Reimóndez é unha escritora de fiar (había dúbida?)

David Cortizo Conde


___________________________

GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.

 

 

O pasado venres, 16 de xuño, déronse a coñecer os Premios Xerais do ano 2023, dotados con 10.000 euros cada un.

Leticia Barbadillo é a gañadora do Premio Merlín 2023 na súa XXVIII edición, coa obra “A botella de lentellas ”. De entre as 87 obras presentadas, o xurado valorou a combinación a narración principal en primeira persoa, centrada na realidade do neno protagonista, coa fantasía e a oralidade, nuns contos magnificamente construídos.

O XV Premio Jules Verne de Literatura Infantil foi para María


María Reimóndez pola obra titulada “Furia na que o xurado valorou estar escrita cunha linguaxe directa, inclusiva, que reflicte a oralidade e que acada un alto nivel estilístico, polo que destacou entre as 28 presentadas.

 

 

Novas na rede:

Esta nova publicación que forma parte das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI, ao redor do libro galego traducido, é a achega de María Reimóndez como tradutora.

María Reimóndez, tradutora e intérprete de profesión, ten unha longa carreira como tradutora literaria, sobre todo de literatura infantil con títulos traducidos do inglés, do alemán e do castelán.

Do inglés:

  • Teatriños ou aturuxos calados, de Erín Moure (Galaxia, 2007)

  • As cousas de Berta, de Roger Collinson (Xerais, 2002)

  • Ra e lebre, de Max Velthuijs (Xerais, 2000)

  • Ra e rata, de Max Velthuijs (Xerais, 2000)

  • Ra e pato, de Max Velthuijs (Xerais, 1999)

  • Ra e porco, de Max Velthuijs (Xerais, 1999)

  • Mitos e lendas hindús (Edicións Positivas)

Do alemán:

  • O coche de carreiras, de Helme Heine (Xerais, 2003)

  • Os tres amigos, de Helme Heine (Xerais, 2002)

  • ¡Boas noites!, de Rotraut Suzanne Berner (Xerais, 2002)

  • ¡Bos días!, de Rotraut Suzanne Berner (Xerais, 2002)

  • ¿Onde está orelliñas?, de Rotraut Suzanne Berner (Xerais, 2002)

  • Orelliñas vai de compras, de Rotraut Suzanne Berner (Xerais, 2002)

Edicións Xerais de Galicia fainos chegar, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX, dous títulos da nova colección de libros informativos, Seica (Coñecemento)

 

 

 

  • A vida diaria dos romanos

  • Bárbaras!


Autoría: Pepe Carballude

Ilustracións: Jorge Campos Sánchez

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Coñecemento, Seica

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6674919

Novas:

La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2021/04/08/span-langgl-vida-diaria-dos-romanos-recorda-as-rutinas-dos-nenos-galegos-anos-60span/0003_202104C8C6991.htm


Título: Bárbaras!

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Coñecemento, Seica

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6495522