Tamén Fina Casalderrey aceptou o noso convite a participar nas Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI e mandounos neste vídeo no que conta a súa experiencia como escritora con respecto á tradución dos seus libros.
Docente e escritora, é autora de medio cento de obras, na súa maior parte de Literatura Infantil e Xuvenil, moitas delas traducidas a unha chea de idiomas, mesmo ao braille. Colabora en prensa, en revistas especializadas e eventos literarios.
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996 por "O misterio dos fillos de Lúa"
- Desde 2018 convócase o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, un recoñecemento á súa magnífica traxectoria.
0 comentarios:
[Comentario blog]