O blog de GÁLIX

Amosando publicacións coa etiqueta acto propio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta acto propio. Amosar todas as publicacións
  

A xunta directiva de GÁLIX decidiu por unanimidade nomear Socia de Honra 2019 a María Jesús Fernández Fernández, experta en Literatura Infantil e Xuvenil, mestra, crítica literaria e tradutora.
O galardón recoñece ás persoas que teñan destacado polo seu traballo a prol da Literatura Infantil e Xuvenil galega.

Chus Fernández é socia fundadora de GÁLIX onde ocupou os cargos de vogal e vicepresidenta. Colabora na revista CLIJ facendo as reseñas e artigos sobre a Literatura Infantil e Xuvenil galega. Colabora tamén coa Revista Galega de Educación, coa revista Peonza e con Platero. Mentras durou, colaborou tamén coa relembrada revista Fadamorgana. Forma parte do consello de redacción da revista Criaturas.

Foi coordinadora do Seminario Papeles de Literatura Infantil.

No ano 2004 recibiu o Premio Xerais á cooperación no labor editorial polo seu traballo como crítica literaria.

A entrega do galardón terá lugar o vindeiro venres, día 15 de novembro, ás 19:30 h. nun acto aberto ao público na librería Lume (A Coruña).

O ilustrador Xosé Cobas, amigo da homenaxeada e socio de GÁLIX, realizará a Laudatio.

O Presidente de GÁLIX, Xosé Antonio Perozo fará entrega da escultura, deseño de Noemí López, que acredita o seu nomeamento

Nas anteriores edicións recibiron esta mesma distinción Xavier Senín, David Otero, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xoán Babarro, Helena Villar Janeiro, Marifé Quesada  e Paco Martín, Xabier P. Docampo.

O mércores 13 de decembro celebramos un novo acto propio. Nesta segunda edición das Xornadas Desfacendo a raia, queremos desfacer máis fronteiras aínda e engadimos esta xornada centrada na memoria das mulleres na LIX.

As xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán lugar no salón de actos da facultade de Formación do Profesorado de Lugo ás 09:45.

As II Xornadas Desfacendo a raia de GÁLIX propóñense unha nova meta: axudar a facer visible a literatura feita por mulleres. O ano pasado, nas primeiras xornadas, o obxectivo era dar a coñecer entre os galegos a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) portuguesa e a galega en Portugal. A elección de María Victoria Moreno como a escritora do Día das Letras 2018 vai ser unha dobre oportunidade para poñer en valor a literatura escrita por mulleres e romper cos prexuízos sobre a LIX como unha literatura menor.

Máis sobre as II Xornadas Desfacendo a raia (I) 

Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo)

As II Xornadas Desfacendo a raia son abertas a todo o público ata encher o aforo.

Mañá, 28 de novembro, celebramos un novo acto propio: a segunda edición das Xornadas Desfacendo a raia.

As xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán lugar no salón de actos da facultade de Cinencias da Educación ás 10:50.

As II Xornadas Desfacendo a raia de GÁLIX propóñense unha nova meta: axudar a facer visible a literatura feita por mulleres. O ano pasado, nas primeiras xornadas, o obxectivo era dar a coñecer entre os galegos a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) portuguesa e a galega en Portugal. A elección de María Victoria Moreno como a escritora do Día das Letras 2018 vai ser unha dobre oportunidade para poñer en valor a literatura escrita por mulleres e romper cos prexuízos sobre a LIX como unha literatura menor.

Así as II Xornadas Desfacendo a raia inclúe o Encontro María Victoria Moreno: “Unha mestra que sabía ler nos ollos dos Cachorros”. No que van participar a escritora e académica Fina Casalderrey, o ilustrador Manuel Uhía e o escritor e presidente de Gálix Xosé Antonio Perozo.  Ademáis a profesora e escritora Susana Sánchez Aríns levará as Xornadas un relatorio sobre Muller e Memoria.

Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo)

As II Xornadas Desfacendo a raia son abertas a todo o público ata encher o aforo.

Edición 29/11/2017: Nova aquí, aquí e fotos das xornadas a seguir:







O 14 de novembro celebramos en Vigo as Xornadas profesionais GÁLIX, un intercambio de experiencias entre profesionais da creación e das bibliotecas.

Estas xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, tiveron lugar no salón de actos da facultade de Filoloxía e Tradución e nelas presenciamos unha interesante conversa entre autoras, bibliotecarias e editoras sobre a utilidade do catálogo e sobre os puntos fortes e en común das nosas actividades en defensa da LIX.


Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo) e aquí
Videos das Xornadas por cortesía de UvigoTV





O día 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil, celebramos en no Salón do Libro de Pontevedra, aproveitando a súa xornada de peche, un acto propio adicado aos representantes galegos na Lista de Honra do IBBY.

Neste acto, presentado polo noso presidente Xosé Antonio Perozo, Fina Casalderrey adicou á audiencia unhas fermosas palabras sobre a importancia da nosa asociación así como de coidar dos lectores e lectoras de LIX, ademais de ler o manifesto do DILI 2017 (podes lelo aquí).

Ledicia Costas e Ramón Nicolás, pola súa banda, falaron sobre a repercusión de que os seus títulos formen parte da listaxe de honra do IBBY. A este respecto, Ledicia Costas subliñou como este feito axudou a levar o seu traballo a outras xeografías e destacou a boa imaxe que a LIX galega ten fóra das nosas fronteiras, agradecendo o traballo de Fina Casalderrey, Paco Do Campo e Agustín Fernández Paz, entre outros, como pioneiros neste campo.

Pola súa banda, Ramón Nicolás expresou o orgullo de traer ao galego a obra de Ana María Machado, o que foi para el unha satisfacción tanto persoal como profesional.



A vindeira semana temos o pracer de celebrar, un ano máis, o acto propio de GÁLIX.

Nesta ocasión, ofrecémosvos as Xornadas DESFACENDO A RAIA, que terán lugar o venres 25 e o sábado 26 de novembro de 2016.

Vealquí toda a información sobre o evento:

DESFACENDO A RAIA

Lugar: Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 16)
Data: Venres 25 de novembro e sábado 26 de novembro

Contidos das sesións:

25/11/16
Sesión de mañá
10:30 Recepción e inauguración por parte do presidente de GÁLIX, Xosé A. Perozo.

11:00 - 12:00 Sesión de Contacontos con Alicia López (escritora e creadora dos Obradoiros de escrita en Santiago de Compostela)
Asistencia do alumnado do CEIP Monte dos Postes (Santiago de Compostela).

12:00 - 12:30 Pausa café

12:30 - 13:30 "A importancia de desfacer a raia". Conferencia inaugural a cargo de Eli Ríos (escritora e crítica literaria de A Sega).


Sesión de tarde
16:30 - 18:00 "Desfacendo a raia na escola" (mesa redonda)
Modera: Pilar Sampedro (docente)
Rocío Candales (profesora de Infantil no CEIP Apóstolo Santiago-Santiago de Compostela)
Valentina Formoso (profesora de Secundaria no IES Félix Muriel-Rianxo)

18:00 - 18:30 Pausa café

18:30 - 20:00 "Desfacendo a raia na escrita e na ilustración"  (mesa redonda)
Modera: Antía Marante (investigadora e crítica literaria)
Ilustración: Joana Estrela (ilustradora), Xosé Cobas (ilustrador)
Escrita: María Reimóndez (escritora), António José Gonçalves (escritor)

25/11/16
Sesión única de mañá
10:30 - 12:00 "Desfacendo a raia na edición e na crítica" (mesa redonda)
Modera: Montse Pena Presas (profesora USC)
Editoras: Helena Pérez (Edicións Xerais), Benedita Barros (Máquina de voar Editora)
Crítica: Carla Maia de Almeida (crítica literaria), Miguel Vázquez Freire (profesor e escritor)

12:00 - 12:30 Pausa café

12:30 - 13:30 Espectáculo musical con Uxía Senlle e Sérgio Tannus

13:30 - 14:00 Clausura


Non dubides en nos contactar se tes algunha pregunta.


Colaboran: OEPLI, Ministerio de Educación, Cultura e Deporte


O pasado martes, 29 de decembro, en Santiago de Compostela, Gálix celebrou a súa actividade de Nadal, co título de Contar e Debuxar o Nadal.


O próximo martes, 29 de decembro, en Santiago de Compostela, celebraremos unha actividade de Nadal que contará con poñentes como Ledicia Costas e Pemón Bouzas nas súas mesas da mañá.
Pola tarde, haberá un contacontos infantil con María Lado e Mig Seoane.

Xornada Contar e Debuxar o Nadal
Todas as actividades serán abertas ao público e de balde.

Martes, 29 de decembro. 
Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado nºs 14-16, baixo), Santiago de Compostela.

12,30 h Apertura da xornada Contar e Debuxar o Nadal. X.A. Perozo, Presidente de GÁLIX.

12,35 h O Nadal: Tópico ou oportunidade?
Ledicia Costas, escritora e Premio Nacional de Literatura
Xaime Asensi, ilustrador.
María Xesús Fernández, crítica.
Tomás González, editor (Urco Editora).
Modera: Antonio M. Fraga, escritor e membro da directiva de GÁLIX

13,20 Pausa-café

13,45 h Falemos de Experiencias
Pemón Bouzas, escritor.
María Lires, ilustradora.
Modera: Pilar Sampedro, experta en LIX e bibliotecas escolares.

14,30 h Peche da xornada.

Á tarde (17:30h) haberá un contacontos infantil con María Lado e Mig Seoane: Don Acivro salva o Nadal.