Helena
Villar Janeiro
Perfil
biográfico
Naceu
en Becerreá (Lugo) o 28 de setembro de 1940) .
Despois
de rematar o bacharelato, estudou Maxisterio en Lugo e posteriormente
licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Complutense, en
Madrid. Exerceu primeiro como profesora de ensino primario e logo
como profesora de lingua e literatura de ensino secundario, en
Santiago de Compostela.
Na
súa “Autobiografía” Helena reivindica a importancia do entorno
familiar na súa formación así como na toma de conciencia da
lingua e cultura galega.
Na
miña formación, sobre todo no aspecto literario, foron decisivas as
clases que recibín traballando con meus pais na xastrería ancaresa.
Ademais de me abrir ó mundo e á lingua e cultura propias do meu
país, naquela especie de ateneo descubrín a narración oral e
coñecín os referentes de moitos personaxes que alimentan a miña
obra. (“Autobiografía” BVG Biblioteca Virtual Galega).
 |
Foto de Carmela Queijeiro |
O
feito de estar case fóra do sistema escolar ata os trece anos, lonxe de ser unha desvantaxe, permitiulle formarse nun entorno de liberdade
e de amor pola cultura e as artes, moi diferente do ensino oficial
no que “a formación literaria se reducía a memorizar listas de
obras e autores como nunha aprendizaxe de catálogos”. Pola contra,
na casa de Helena “amábase a cultura, recitábanse os clásicos,
cantábase "bel canto" e defendíase a igualdade da muller”
(BVG). Tamén destaca Helena a influencia que, para “o cultivo da
lírica”. exerceron nela as lecturas e as paisaxes dos Ancares na
súa etapa de mestra rural, así como as amizades, sobre todo a do
seu home e compañeiro Xesús Rábade Paredes, co que ten
desenvolvido moitos proxectos en común e recibido varios galardóns.
Como
docente, Helena foi unha das primeiras persoas en ensinar lingua
galega, nos anos 70 ao amparo da Lei Xeral de Educación, impartindo
clases con carácter voluntario fóra do horario para o seu alumnado
de 6º e 7º de EXB en Ferrol. Tamén foi das primeiras en adiantar a
impartición da área de Lingua e Literagura Galega con carácter
voluntario para o seu centro en Santiago (curso experimental de
1979-1980). O compromiso de Helena coa cultura e a
lingua galega vai moito máis alá do seu labor docente e da súa
vasta creación literaria, xa que abrangue unha decidida implicación
a prol do desenvolvemento e a divulgación desta cultura, que se
manifesta na súa activa pertenza a varios organismos e asociacións.
É
membro fundador do PEN club de Galicia, do que foi secretaria.
Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi
presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo
período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega. Pertenceu
ao PEN Internacional Women Writers Commitee. Foi cofundadora e
vicepresidenta de Gálix, asociación da que foi nomeada Socia de
Honra en 2015. En 2016 recibiu a Letra E concedida pola AELG que
supón o recoñecemento a unha escritora “pola obra de toda unha
vida”. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.
Tradutora de poesía, foi coordinadora das coleccións poéticas
“Eusebio Lorenzo Baleirón” e “Poetas con Rosalía”.
Como
escritora cultiva varios xéneros: poesía, ensaio, narración,
tradución e xornalismo. Foi unha das pioneiras da literatura
infantil e xuvenil en galego. A súa obra é numerosa e, en parte,
está traducida a outras linguas. Os seus libros de literatura
infantil están incluídos no Catálogo White Ravens do
Internationale Jugendbibliothek de Münich, (1990 e 1994) e na lista
de honra do IBBY (International Board on Books for Young People en
2002 e 2004). As inquedanzas artísticas de Helena abranguen tamén o
eido da fotografía e ten participado en varias exposicións.
Premios
Premio
Patronato Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola
obra en común con Xesús Rábade, Símbolos
de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno.
Premio
Galicia de Narrativa 1980 da Universidade de Santiago de Compostela
pola obra en común con Xesús Rábade, Morrer
en Vilaquinte.
Edit.
Compostela.
Premio
Galicia da Universidade de Santiago de Compostela en 1981, pola obra
en común con Xesús Rábade, No
aló de nós.
Poesía
Premio
Manuel Antonio 1979, pola obra en común con Xesús Rábade, O
sangue na paisaxe.
Poesía. Edicións do Cerne.
Premio
Breogán de narrativa 1990, por O
enterro da galiña de Domitila Rois.
Premio
Eusebio Lorenzo Baleirón 1991, por Nas
hedras da clepsidra.
Premio
Modesto R. Figueiredo de narrativa 1991 por O
cadro.
Accésit
do Premio Miguel González Garcés 1994, por
Festa do corpo.
Premio
Puro Cora de periodismo 1995, por
En loor da fregona.
Premio
Arume de literatura infantil 2003 da Fundación Xosé Neira Vilas,
por Na
praia dos lagartos.
LIX
(Literatura infantil e xuvenil)
O
día que choveu de noite,
1985, Galaxia.
Viaxe
a Illa Redonda,
1987, Galaxia.
Vermiño,
1988, Galaxia.
A
cidade de Aldara,
1989, Casals.
Ero
e o capitán Creonte,
1989, S. M.
Patapau,
1989, Ir Indo.
A
canción do Rei,
1992, Galaxia.
Don
Merlo con chaqueta,
1993, Xerais.
Contos
do paxaro azul,
1994, Sotelo Blanco.
Novos
contos para nenos,
1994, Citania.
A
voda do papá,
1994, Obradoiro.
A
campá da lúa,
1999, Xerais.
O
avó de Pipa,
2000, Bruño.
Belidadona,
2003, Edelvives.
Na
praia dos lagartos,
2004, Edicións do Castro.
Raúl,
2005, Galaxia.
Rosalía,
2006, Fundación Rosalía de Castro. Biografía para nenas e nenos.
O
souto do anano,
2007, Obradoiro-Santillana.
Un
rato na casa,
2008, Galaxia.
O
caderno de Edua,
2010, Xestión Literaria Galega.
As
señoras cousas,
2014, Galaxia.
Contos
do Sol e da Lúa,
2017, Alvarellos
Amor
por catro,
2018, Galaxia
Fina
a pirata,
2019, Galaxia
Poesía
Alalás,
1972, edición da autora.
Rosalía
no espello,
1985, Patronato Rosalía de Castro.
Festa
do corpo,
1994, Deputación da Coruña.
Álbum
de fotos,
1999, Espiral Maior.
Nas
hedras da clepsidra,
1999, Edicións do Castro.
Pálpebra
azul,
2003, PEN Clube de Galicia.
Remontar
o río,
2014, Tirar do Fío Edicións.
Poesía
mínima /Minimal Poetry,
2018, Alvarellos .
Narrativa
O
enterro da galiña de Domitila Rois,
1991, Galaxia.
A
tarde das maletas.
Colección Contos do Castromil nº 10, 1992, Ir Indo Edicións-
Castromil. S.A.
Ensaio
Os
equipos de normalización lingüística nos centros de ensino,
1993, Xunta de Galicia.
Delas,
1999, Toxosoutos.
Paseos
literarios,
2001, Xunta de Galicia.
Feminino
plural,
2003, Editorial Compostela.
O
sabor da terra,
2005, Galaxia.
Obras
con Xesús Rábade Paredes, ademais das xa mencionadas no apartado de
Premios.
Símbolos
de Galicia,
1979, Patronato Rosalía de Castro.
Lección
conmemorativa sobre Rosalía de Castro,
1980, Patronato Rosalía de Castro. (Para nenos)
Viaxe
e fin de don Frontán, de Rafael Dieste,
1982, Edicións do Castro. Tradución.
Contos
de nós e da xente,
1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil.
Cantan
os nenos (O libro de María),
1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos.
Cabeleira
de pedra,
1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe.
Reeditado en 2004 na colección . Poesía.
Eduardo
Blanco Amor con Auria ó fondo,
1993, Xunta de Galicia.
Símbolos
de Galicia,
con vídeo, 1993, Ophiusa.
Poemas,
de Rosalía de Castro,
2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía
bilingüe.
Dona
e Don,
2004, Galaxia. Literatura infanto-xuvenil.
Follas
Novas/Hojas Nuevas,
de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución
en antoloxía bilingüe.
Versos
a Compostela, de Rosalía de Castro,
2008, Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.
Outras
obras colectivas (escolma)
Cravo
fondo,
1977, Follas Novas Edicións. Poesía.
Contos
eróticos / Elas,
1990, Xerais. Narrativa.
Contos
de hogano,
1992, El Correo Gallego. Narrativa.
Premios
Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII
(1991), 1992, Edicións do Castro. Narrativa.
Berra
liberdade, Escritores galegos por Amnistía Internacional.
1996, Galaxia. Relatos.
Daquelas
que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas,
1997, Fundación Rosalía de Castro. Poesía.
E
dixo o corvo...,
1997, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil.
Ninguén
está só. 21 autores a prol dos dereitos humanos
2001. Amnistía Internacional, Tris Tram. Narrativa.
A
poesía é o gran milagre do mundo,
2001. PEN Club de Galicia. Poesía.
Un
futuro para a lingua,
2002, Xunta de Galicia. Ensaio.
Homenaxe
poética ao trobador Xohan de Requeixo,
2003. Poesía.
Intifada.
Ofrenda dos poetas galegos a Palestina,
2003, Fundación Araguaney. Poesía.
Negra
sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003,
Espiral Maior. Poesía.
23
poetas cantan a don Antonio Machado,
2004, Hipocampo. Poesía.
Catro
contos para unha data,
2004, Xunta de Galicia. Narrativa.
Contos
de charlatáns, grumetes, botas e fendas,
2004, Xunta de Galicia.
Postais
do Camiño,
2004, Galaxia.
Amor
en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración
dos 80,
2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
Polifonías:
voces poéticas contra a violencia de xénero,
2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia. Poesía.
Marcos
Valcárcel. O valor da xenerosidade,
2009, Difusora.
Quen
casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía,
2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil.
Xosé
Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe),
2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía.
Vivir
un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro,
2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
Colaboración fotográfica.
A
cidade na poesía galega do século XXI,
2012, Toxosoutos. Poesía.
Unha
cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo,
2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo. Poesía.
Versos
no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega,
2013, Toxosoutos. Poesía.
Versus
cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto,
2013, A. C. Caldeirón. Poesía.
150
Cantares para Rosalía de Castro,
2015, (libro electrónico). Poesía.
De
Cantares Hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro no século
XXI, 2015,
Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. Poesía.
6
poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca,
2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Coedición con Suso Díaz.
Detente
e mírame,
Libro
do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero.
Xunta de Galicia, 2015
Cabalga
don Quijote,
en Al
hidalgo poeta,
Edifsa, Salmanca, 2016
En
el vuelo de la memoria.
Antología para Ángel Campos Pámpano.
2018, Editora Regional de Extremadura.
Dicebamus
hesterna die,
Por
ocho centurias, Fundación
Salamanca Ciudad de la cultura y saberes, 2018
Evolucións,
O
libro dos libros,
Galaxia, 2018
A
materia do ar,
O
sol é secreto. Poetas celebram Eugénio de Andrade, Cámara
Municipal de Fundao, 2019