Con motivo do Día de Rosalía, que se celebra cada 23 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro, presentamos unha selección de recursos pensados para achegar a súa figura e a súa obra ao alumando e ao publico lector.
Trátase dunha escolma de libros dirixidos á infancia e á adolescencia que achegan a vida e obra de Rosalía dende linguaxes e formatos diversos. Son propostas pensadas para descubrir quen foi, que escribiu e porque segue a ser unha voz fundamental da nosa literatura. Acompañámola, ademais, dunha reflexión sobre Rosalía escrita por Montse Pena Presas, socia de GÁLIX, docente da Universidade de Santiago de Compostela e experta en LIX.
Con estes materiais convidamos ás novas xeracións a achegarse a Rosalía de Castro dunha maneira emocionante e significativa, mantendo viva a súa memoria a través da lectura.
Podes consultar e descargar as recomendacións no seguinte enlace
(premendo na imaxe)









0 comentarios:
[Comentario blog]