Anxeles Roca. Socia de Honra de GÁLIX.

Publicado por GÁLIX | 24.5.23 Deixa un comentario

A xunta directiva de GÁLIX decidiu por unanimidade nomear Socia de Honra á bibliotecaria Ánxeles Roca.


 
A nosa socia
naceu en Cambre, é licenciada en Xeografía e Historia e foi directora e dinamizadora das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE desde 1984 até a súa xubilación en marzo de 2020. Entre outros logros foi a creadora do famoso Moucho Leroucho no 1994, que acadou o Premio Nacional de Animación á Lectura.

A entrega do galardón terá lugar o vindeiro martes día 30 de maio, ás 19.00h. na libraría Lume da Coruña.

A laudatio correrá a cargo da dramaturga e escritora de LIX Paula Carballeira.

O Presidente de GÁLIX fará entrega da escultura, deseño de Noemí López, que acredita o seu nomeamento.

Lembrámosvos que en anteriores edicións foron declarados Socios de Honra Xavier Senín, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey e Xoán Babarro
, Helena Villar, Maria Fe Quesada, Paco Martín, Xabier P. Docampo, MªXesús Fernández e Miguel Vázquez Freire.

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]