A
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
celebrará
o o
sábado
10
de xuño, en Pontevedra,a
XXIX edición da "A/O
Escritor/a na súa Terra - Letra E" que este ano homenaxea a
Fina
Casalderrey
e no que intervirán Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de
Pontevedra e Cesáreo Sánchez Iglesias,
presidente da
AELG.
A laudatio da autora estará a cargo da profesora e experta en
literatura infantil e xuvenil, Montse Pena Presas.
O acto comezará cara as 11:30 h. co descubrimento do monólito conmemorativo e plantación dun un acivro, a árbore da autora, na Ponte da Palabra (Pontevedra).
Ao rematar, o acto trasladarase ao Teatro Principal, onde escoitaremos a laudatio de Montse Pena Presas e se fará entrega a Fina da da peza escultórica que representa a "Letra E"
Ao rematar, o acto trasladarase ao Teatro Principal, onde escoitaremos a laudatio de Montse Pena Presas e se fará entrega a Fina da da peza escultórica que representa a "Letra E"
Ás 14.30 haberá un xantar de confraternidade no Liceo Casino de Pontevedra
Todas as persoas interesadas en compartir este día con Fina Casalderrey, deberán inscribirse a través da oficina@aelg.org antes do 5 de xuño.
0 comentarios:
[Comentario blog]