Paula
Carballeira, nacida en Maniños (Fene. A Coruña), aínda que despois
de licenciarse en Filoloxía na Universidade de Compostela, quedou a
vivir nesas terras.
Narradora
oral profesional desde 1994, actriz e escritora. Muller de teatro. Tivo a sorte de ser
convidada aos principais festivais de narración oral nacionais e
internacionais (Portugal, Polonia, Francia, Cabo Verde, Colombia,
Perú, Ecuador, México, Costa Rica...). Ademais, mantén actividades
regulares en bibliotecas e centros de ensino.
Como actriz, é membro da compañía Berrobambán e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Como directora de teatro, levou adiante producións infantís tanto na súa compañía como no Centro Dramático Galego ou noutras compañías.
Como
autora, ten máis de trinta títulos publicados, tanto de narrativa,
como de poesía ou teatro, moitos deles traducidos a varias linguas:
portugués, inglés, italiano, coreano, catalán, éuscaro..., algúns
deles premiados e a maioría pensados tamén para a infancia e a
xuventude.
É autora dunha chea de libros entre os que destacamos:
Teatro:
Boas noites (2007)
Alicia & Alicia (2010)
Pressing catch (2010)
A folla máis alta (2012)
O refugallo (2013).
Doppelgänger (2018)
Somos os monstros (2019).
As alumnas (2022).
A percura (Ed. Do Cumio, 1990)
Robin e a Boa Xente (EDB-Rodeira 1995)
Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (EDB-Rodeira, 1996)
Olo-iepu-iepu (Galaxia, 1999)
Mateo (Kalandraka, 1999)
Paco (Kalandraka, 2000)
Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Xerais, 2002)
Correo urxente (EDB-Rodeira, 2002)
O ganso pardo (Edelvives, 2002)
A era de Lázaro (Galaxia, 2004)
Smara (Kalandraka, 2006)
A casa redonda (Baía, 2008)
O lobishome de Candeán (Galaxia, 2009)
As outras historias (Galaxia, 2011)
Casas (Tambre, 2012)
O principio (Kalandraka, 2012).
A burra Ramona (Baía, 2013)
Chímpate, Pepa! (Triqueta Verde, 2013).
Bruxa e familia (Oqueleo, 2017)
Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño (Triqueta verde, 2018)
A tartaruga Amodovou (Oqueleo, 2019)
Carabela (2020). Galaxia.
Pan con chocolate. A merenda de Gianni (2021).
Trece avisos. Contos para ler pola noite (2022)
Poesía:
Contatrás (2006)
Contatrás, II-I ( 2012)
Nunca mascotas (2016)
Hai quen escolle os camiños máis longos
No ano 2021, a proposta de GÁLIX, Paula Carballeira foi nominada ao prestixioso Premio Memorial Astrid Lindgren (ALMA ), outorgado anualmente polo goberno sueco para distinguir o traballo dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil e que pode recaer tanto nunha organización coma nun persoa individual. A candidatura é un recoñecemento á carreira desta muller polifacética que prestixia a cultura e a lingua galega e amosa a calidade da nosa literatura dentro e fóra do país.
Como socia de GÁLIX aceptou participar nesta sección e darnos a súa opinión sobre as diversas cuestións que lle formulamos no
ACCESO |
0 comentarios:
[Comentario blog]