A xunta directiva de GÁLIX reuniuse en Santiago e, por unanimidade, decidiu nomear Socia de Honra 2015 a Helena Villar Janeiro.
Co gallo deste nomeamento, celebraremos o 9 de decembro un acto aberto ao público para homenaxeala. Este evento terá lugar no IES Xelmirez I de Santiago de Compostela ás 13:30.
María Solar será a encargada de realizar a laudatio e logo o alumnado do centro participará coa lectura de textos de Helena Villar Janeiro e manterá con ela un diálogosobre a súa obra e vivencias.
O Presidente de GÁLIX fará entrega da escultura, deseño de Noemí López, que acredita o seu nomeamento.
Lembrámosvos que en anteriores edicións foron declarados Socios de Honra Xavier Senín, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey e Xoán Babarro.
[Le máis sobre Helena aquí]
0 comentarios:
[Comentario blog]