![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh2eytLqRCEkGNmMXnedwLaGEFwiKK0XLLDmdfYsQd4qA5Snj6ENeg2FFodFIteaa7gfObPZYKjXVILnfXKYPsf9suycEjanwwfv_M_AfwR7qea8s1sJeAjnEO_IPbAT7o55cNbNUZifw4/s320/CHUS04.jpg)
María Jesús Fernández, Socia de Honra de GÁLIX 2019
Publicado por GÁLIX | 6.11.19
Deixa un comentario
A
xunta directiva de GÁLIX decidiu por unanimidade nomear Socia
de Honra 2019 a María
Jesús Fernández Fernández, experta en Literatura
Infantil e Xuvenil, mestra, crítica literaria e tradutora.
O galardón recoñece ás persoas que teñan destacado polo seu traballo a prol da Literatura Infantil e Xuvenil galega.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh2eytLqRCEkGNmMXnedwLaGEFwiKK0XLLDmdfYsQd4qA5Snj6ENeg2FFodFIteaa7gfObPZYKjXVILnfXKYPsf9suycEjanwwfv_M_AfwR7qea8s1sJeAjnEO_IPbAT7o55cNbNUZifw4/s320/CHUS04.jpg)
Foi
coordinadora do Seminario Papeles de Literatura Infantil.
No
ano 2004 recibiu o Premio Xerais á cooperación no labor editorial
polo seu traballo como crítica literaria.
A
entrega do galardón terá lugar o vindeiro venres,
día 15
de novembro, ás 19:30
h.
nun acto aberto ao público na
librería
Lume
(A
Coruña).
O
Presidente de GÁLIX, Xosé
Antonio Perozo fará entrega da escultura, deseño de Noemí
López, que acredita o seu nomeamento
Nas
anteriores edicións recibiron esta mesma distinción Xavier Senín,
David Otero, Xosé
Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xoán
Babarro,
Helena
Villar Janeiro, Marifé Quesada e
Paco
Martín, Xabier P. Docampo.
0 comentarios:
[Comentario blog]