O vindeiro mércores, 21 de setembro de 2022 entregaremos o galardón de Socio de Honra de GÁLIX-2021 a Miguel Vázquez Freire, membro fundador da asociación. O editor Manuel Bragado realizará a laudatio, e o presidente de GÁLIX, Xosé Antonio Perozo, fará entrega da escultura, deseño da artista Noemí López.
Defensor apaixonado do valor didáctico da literatura infantil e xuvenil, o premiado é autor dunha vasta produción literaria, ademais de traducións ao galego de varios escritores europeos.
Colabora, como crítico e comentarista de literatura infantil, en diversas publicacións.
Dirixiu a revista Golfiño e foi codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia.
Nas anteriores edicións recibiron esta mesma distinción Xavier Senín, David Otero, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xoán Babarro, Helena Villar Janeiro, Marifé Quesada, Paco Martín, Xabier P. Docampo e María Jesús Fernández.
Celebraremos este acto na biblioteca Afundación de Santiago de Compostela
0 comentarios:
[Comentario blog]