Recomendamos: Os ecos do lume de Anxo Fariña
emocións. O impacto
da súa lectura provocará unha serie de ondas concéntricas que nos
obrigarán a repensar a nosa relación co planeta, coas persoas ás
que queremos e coa tecnoloxía.Os ecos do lume é a viaxe iniciática dunha adolescente de doce anos que olla o mundo a través do móbil. Porén, a súa pasividade terá que dar paso a unha nova actitude se de verdade quere salvar a terra na que vive, o seu irmán e a si mesma.
Como Alicia no país das marabillas, a moza protagonista meteranos por un buraco a través do cal observaremos a realidade máis aló das aparencias. Descubrirá que, ás veces, a diferenza depende do punto de vista, e que os monstros podemos ser nós, e non os demais. Con ela e os habitantes introterrestres cruzaremos ao outro lado do espello para comprender que o universo no que vivimos é unha arañeira onde todos os seres estamos conectados.
______________________________








Este blog es una maravilla...Me gusto mucho
ResponderEliminar