As obras destinadas aos máis novos e todas as persoas involucradas nelas están representadas por GÁLIX a través das súas actividades: iniciativas de promoción, asesoramento a entidades e persoas interesadas, así como a administración e sectores de dentro e de fóra de Galicia, representación nas organizacións estatais e internacionais, etc. Se queres saber máis sobre as actividades que desenvolvemos, non dubides en botar un ollo na sección de actividades. Tamén podes seguirnos en Facebook, Twitter ou Instagram.


Se tes interese en saber máis sobre GÁLIX, non dubides en nos pedir información aquí. Se queres formar parte da nosa asociación, aquí podes acceder ao formulario para te dares de alta.

 

ESTRUTURA E DIRECTIVA

Todos os membros da asociación constitúen a nosa asemblea xeral. A xunta directiva está formada por presidencia, dúas vicepresidencias, secretaria, tesouraría e vogais que representan diferentes colectivos.



Actualmente, no período 2025-2027, a xunta directiva está composta por:

  • Presidente:Irene Pena Murias

  • Vicepresidente 1º : Miguel Anxo Alonso Diz

    Vicepresidenta 2ª: Leonor Mazaira Garro 

  • Secretaria: Andrea Jamardo Seijo

  • Tesouraría: Miguel Ángel Alonso Diz

VOGAIS:

  • Vogal de ilustración: María Montes

  • Vogal de tradución e universidades:  Raquel Senra

  • Vogal de escritoras e escritores: María Solar


  • Vogal de bibliotecas e redes sociais Miguel García Fernández


  • Vogal de mediación educativa Ivana Gómez Abuín.
 
A nosa secretaría técnica atende os luns e martes de 9:00 a 13:00 .