Días
despois de ler Os ecos do lume,
o resón das súas palabras volve axitar a mente das persoas que o
leron. Ese mergullo no mundo subterráneo que o autor nos ofrece para
falarnos de ecoloxía, de incomunicación, de egoísmo, de amizade,
de amor... é tan intenso que o mesmo libro semella ser unha pequena
pedra que cae na superficie líquida das nosas emocións. O impacto
da súa lectura provocará unha serie de ondas concéntricas que nos
obrigarán a repensar a nosa relación co planeta, coas persoas ás
que queremos e coa tecnoloxía.
Os
ecos do lume é a viaxe iniciática
dunha adolescente de doce anos que olla o mundo a través do móbil.
Porén, a súa pasividade terá que dar paso a unha nova actitude se
de verdade quere salvar a terra na que vive, o seu irmán e a si
mesma.
Como Alicia no país das
marabillas, a moza protagonista
meteranos por un buraco a través do cal observaremos a realidade
máis aló das aparencias. Descubrirá que, ás veces, a diferenza
depende do punto de vista, e que os monstros podemos ser nós, e non
os demais. Con ela e os habitantes introterrestres
cruzaremos ao outro lado do espello para comprender que o universo no
que vivimos é unha arañeira onde todos os seres estamos conectados.
Álex
Mene
______________________________
GÁLIX
aporta cada mes unha
recensión feita por algún socio para a sección Este
libro encantoume da
OEPLI,
ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as
recomendacións das seccións
aquí,
na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no
noso blog (bota un
ollo na barra lateral!). Se queres colaborar
coas túas recensións para esta sección, non dubides en nos
contactar.
Este blog es una maravilla...Me gusto mucho
ResponderEliminar