A LIX no 8M, Día Internacional da muller traballadora

Publicado por GÁLIX | 6.3.20 Deixa un comentario

Des que, en 1975, a Organización de Nacións Unidas declarou o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemoramos cada ano esta data, para reivindicar a igualdade e os dereitos das mulleres e promover o establecemento dunha sociedade máis xusta. Este ano 2020 a campaña da ONU ten como lema: Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das mulleres
A lectura é unha ferramenta fundamental para promover a igualdade e o respecto; pero existen poucos referentes femininos na literatura tradicional e cómpre fornecer á infancia de modelos de mulleres actuais, persoas autónomas e profesionais competentes, e dar a coñecer, tamén a docentes e familias, obras infantoxuvenís que presenten modelos de relación igualitarios e acheguen unha ollada de xénero desde a literatura.
No ano 2018 o Salón Internacional do Libro de Pontevedra tivo como lema "Mulleres de conto" e GÁLIX elaborou unha bibliografía sobre este tema que pode ser de utilidade.

Neste 8 de marzo centros de ensino, asociacións, institucións, bibliotecas e librerías teñen programadas actividades dirixidas ao lectorado infantil e xuvenil.
Compartimos a información que nos vai chegando:
 
Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]