Coa
intención de apoiar
ás
familiasneste
momento no
que os
nenos e nenas están nas casas
sen poder saír ofrecemos, nesta entrada, unha
relación do material que se está a xerar solidariamente na rede
arredor da LIX.
O
Salón
do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os
días no Salón Virtual
O Colectivo NOGA#narracionoralgalega
crea a canle de YouTube Pandemia de contos,
onde se poden atopar historias breves contadas por diversas
narradoras e narradores orais.
A editorial Galaxia
ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil,
na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus
libros
Mitos, contos e lendas para ler ou contar en familia na páxina Galicia
Encantada, a enciclopedia da fantasía popular e tradicional de Galicia.
A
páxina web de Kalandraka,
que ofrece moito material videográfico arredor da literatura.
0 comentarios:
[Comentario blog]