Como parte das conmemoracións, que se estenderán ao longo de todo o mes de abril, GÁLIX convocou o concurso "Un poema na túa voz" no que convida a participar a todas as rapazas e rapaces de entre 6 e 14 anos gravando un poema en galego e mandando a gravación á galix@galix.org
2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Publicado por GÁLIX | 31.3.20
Deixa un comentario
FAME
DE PALABRAS
A
finais do mes de abril, ou a comezos de maio, no meu país reverdecen
os arbustos. Ao pouco tempo, as crisálidas das bolboretas prenden
neles. Locen coma boliñas de algodón, mais as eirugas devoran
folla tras folla ata que os arbustos perden o seu verde por completo.
Cando as bolboretas saen das súas crisálidas botan a voar; pero
malia todo, os arbustos non quedan arruinados: dentro dun ano
volverán agromar, e así unha e outra vez.
Esta
é a imaxe dunha escritora, a imaxe dun poeta: os contos e os poemas
aliméntanse deles, ríllanos, esgótanos... E cando xa están
escritos, saen voando para acabaren nos libros, para aterraren nos
oídos daqueles que os escoitan. E isto non deixa de repetirse
nunca...
E
que ocorre cos poemas e cos contos?
Coñezo
un rapaz ao que operaron dos ollos. Logo da intervención tivo que
estar dúas semanas deitado sobre o seu costado dereito; e despois,
durante un mes máis, non puido ler. Non puido ler nada. Cando, tras
un mes e medio de repouso, volveu coller un libro, tivo a sensación
de estar arramplando coas palabras a eito dunha tarteira. Como se as
comese, como se as comese de verdade.
E
coñezo unha rapaza que agora é mestra, e que dixo: “Pobres
daqueles nenos aos que os seus pais non lles lían libros!”
As
palabras, nos poemas e nos contos, son alimento. Non son alimento
para o corpo, porque ninguén podería encher o estómago con elas.
Son alimento para o espírito e para a alma.
Cando
alguén ten fame e sede, o seu estómago encóllese e sécaselle a
boca. Busca encontrar cando menos un codeliño de pan, unha cunca de
arroz, un peixe ou unha froita. Canta máis fame, tanto máis se lle
estreita a mirada, ata que xa non ve máis ca un bocado ou un grolo
que o deixarían farto.
Pero
a fame de palabras non se presenta deste xeito, senón que toma forma
de abatemento, de apatía, de arrogancia. A xente que sofre deste
tipo de fame non é consciente de que na súa alma reina o frío, non
se decata de que está a pasar a carón de si mesma e non se ve. Unha
parte do mundo váiselle das mans sen sequera notalo.
Esta
fame unicamente poden saciala os poemas e os contos.
Se
nunca o fixemos, existe a esperanza de que poidamos acalmar este tipo
de fame?
Si.
Aquel mozo le, raro é o día en que non o fai. E a moza que é
mestra le contos para o seu alumnado. Cada venres. Cada semana.
E
se algunha vez lle esquece, son as nenas e os nenos quen llo lembran.
E
a escritora? E o poeta? Ao ano seguinte, reverdecerán. E volverán
roelos os contos e os poemas que logo, transformados en bolboretas,
botarán a voar. Unha e outra vez.
Escrito
por Peter
Svetina
Ilustrado
por
Damijan
Stepancic
Traducido
por Héctor
Cajaraville
A sección eslovena da IBBY,
ocupouse da elaboración da mensaxe e o cartel para
celebración do Día Internacional do Libro Infantil,
que conmemora cada 2 de abril
a data de nacemento
do
escritor danés Hans
Christian Andersen
O
compañeiro Héctor
Cajaraville,
fíxose cargo este ano
da
tradución ao galego da
mensaxe,
que lle corresponde a
GÁLIX,
como sección da OEPLI,
así
como da
súa difusión en Galicia.
Como parte das conmemoracións, que se estenderán ao longo de todo o mes de abril, GÁLIX convocou o concurso "Un poema na túa voz" no que convida a participar a todas as rapazas e rapaces de entre 6 e 14 anos gravando un poema en galego e mandando a gravación á galix@galix.org
Como parte das conmemoracións, que se estenderán ao longo de todo o mes de abril, GÁLIX convocou o concurso "Un poema na túa voz" no que convida a participar a todas as rapazas e rapaces de entre 6 e 14 anos gravando un poema en galego e mandando a gravación á galix@galix.org
0 comentarios:
[Comentario blog]