Manifesto de Paula Carballeira, para GÁLIX no Día Mundial do Teatro.
Lembra, é preciso o teatro
Hai
pouco escribín unha peza de teatro.
Tiven
a sorte de que unha compañía de teatro me encargase o texto dunha
peza que querían representar, porque ao teatro lle falta algo se os
textos non se representan.
Tiven
a sorte de que unha editorial quixo publicar o texto de teatro,
porque hai unha chea de textos de teatro que ninguén publica e
acaban esquecidos.
A
obra chámase “Carabela” e empeza así:
“CARABELA.- Imos
imaxinar unha historia.
As
historias non existen se ninguén as imaxina, aínda que acontecesen
de verdade.
Por
iso hai que contalas.
Vouvos
contar un anaco da miña historia.
Pero
non a vou contar eu soa.
Para
iso está o teatro.
Para
que as historias teñan vida.”
Precisamos
teatro.
Lembra.
Ao
final, somos seres sociais.
Sen
teatro nunca aprenderemos a confiar nos demais, a inventarnos e
reinventarnos, a buscar as palabras coas que mellor expresar o que
sentimos, a disfrazarnos de todas as persoas que levamos dentro e ser
directores e directoras desas infinitas postas en escena que nos dan
outras perspectivas, que nos axudan a poñernos no lugar do outro, da
outra, que nos ensinan que se poden contar historias con luz, música,
movemento, poesía, nun acto artístico complexo.
Sen
teatro esqueceremos o que somos.
Sen
teatro, as pantallas tomarán o poder e xa se sabe que as pantallas
teñen pouca imaxinación.
Porque
o teatro é irreverencia, rebeldía, liberdade.
Porque
a miúdo non nos convence a escenografía, nin a iluminación, nin o
vestiario da nosa realidade e precisamos pensar noutras
posibilidades.
Porque
queremos ver como cobra vida diante dos nosos ollos a poesía, as
emocións na carne e nas palabras de quen as interpreta.
Porque
cada acto teatral é un momento efémero, único no tempo e no
espazo, como un riso ou unha bágoa, que nunca son iguais a outro
riso ou a outra bágoa.
Porque
durante o breve tempo dun espectáculo esquecemos as nosas miserias,
grandes ou pequenas, os nosos medos e as nosas tristezas. Só existen
na escena. E sempre é un xogo o que acontece en escena, que empeza e
acaba nela.
Precisamos
xogar o mellor e o peor do ser humano enriba dun escenario.
Precisamos
compartir momentos de vida con persoas coñecidas e, sobre todo,
descoñecidas, sen pantallas polo medio.
Precisamos
rir e chorar ata quedar sen folgos coa complicidade da ficción que
se nos presenta, coa seguridade de saber que, no teatro, non
funcionan as convencións de fóra, e que é difícil sentirse so,
sentirse soa.
Precisamos
comprobar que os seres humanos podemos confluír para crear beleza.
Precisamos
estirar os límites do tempo e do espazo, derrubar paredes, respirar
a pleno pulmón.
Lembra.
Non
o esquezas.
Precisamos
teatro.
Pola
súa parte Carlos Labraña contribúe á celebración con este vídeo.
O noso agradecemento verdadeiro á nosa socia Paula Carballeira e ao noso socio Carlos Labraña pola súa contribución, por estes dous traballos feitos a mantenta para a conmemoración.
Pola
súa parte Urdime,
propostas culturais, comparte connosco a súa celebración no
Festival online Cantos e contos dende O POLEIRO con
Teatro
Ghazafelhos
e a súa fermosa montaxe de Rubicundo.
Para
conmemorar este 27 de marzo o Día Mundial do Teatro 2020, o
Instituto Internacional do Teatro (ITI) dá a coñecer a Mensaxe
da que é autor o director de escena e dramaturgo paquistaní Shahid
Nadeem.
Leamos,
representemos e, cando remate a reclusión, vaiamos ao TEATRO.
é unha guía de GÁLIX, que presenta unha selección de libros de calidade útiles para o tratamento dos 17 Obxectivos da Axenda 2030 da ONU. O documento estará accesible e descargable neste blog e no Pínterest da asociación.
Esta guía publicouse coa axuda da Área de Cultura da Deputación da Coruña, dentro do programa FO215/2022: Convocatoria do programa de subvencións para o desenvolvemento de actividades por parte das entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva a nivel galego das persoas e/ou entidades existentes nos diferentes sectores profesionais e amadores da cultura galega, durante o ano 2022.
é unha publicación de GÁLIX, un libro ilustrado que convina os traballos de autores plásticos e literarios sobre o tema común do recoñecemento da UNESCO da Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo . O documento estará accesible e descargable neste blog e no Pínterest da asociación.
SOCI@S NA REDE
Aquí tes as webs, blogs e redes sociais de socios e socias de GÁLIX. Es socio/a e non apareces aí? Escríbenos!
0 comentarios:
[Comentario blog]