Por
mor
das circunstancias excepcionais que estamos a vivir,
estes días
temos
pechadas
as
bibliotecas
escolares,
as
bibliotecas
públicas
e
as
librerías.
Neste
momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, nós animámosvos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e a que gravedes as súas lecturas.
Aproveitemos
este tempo para ler poesía en galego en familia e, se queredes,
participar
no concurso de GÁLIX:
"Un
poema na túa voz",
pois
variamos as bases de maneira que ademais participar a través as
bibliotecas escolares e públicas ou as librarías, tamén se poida
facer a través das familias.
Velaquí
a nosa proposta
para pasar unha corentena en
familia:
-
Se
tendes entre
6 e
14 anos
podedes participar
no concurso.
-
Escollede
un poema
tradicional ou
de autor.
-
Gravádeo
cun móbil ou
no ordenador (a
familia, se quere, pode
facervos os
efectos de son).
Lembrade
poñer
os
datos do
poema!!
-
Autoría;
ou tradicional,
popular, se non ten autora ou autor coñecido.
-
Libro
de poemas ao que pertence, se fora o caso.
-
Editorial,
se está publicado.
Datos
da(s) persoa(s) lectora(s).
IMPORTANTE!!!
Se concursades desde a casa poñede os datos da familia.
-
Nome
e apelidos dunha
persoa adulta
responsable
-
Correo
electrónico de contacto.
Acceso
ás bases modificadas:
Axúdanos
a difundir esta nova co portelo #Euficonacasa #Euleonacasa
#concursoDILI
0 comentarios:
[Comentario blog]