Carlos Labraña presenta este xoves, 30 de novembro, a súa obra Mambrú volveu da guerra, a primeira peza en galego que recibe o Premio SGAE de Teatro Infantil polo tratamento da memoria histórica e o recoñecemento de todas as persoas esquecidas nas cunetas e muros de cemiterios, e pola calidade literaria e escénica.
O acto terá lugar ás sete da tarde na Libraría Cronopios. O autor estará acompañado polo crítico Armando Requeixo.
O grupo Fura Fura Teatro estará ao cargo da lectura dramatizada da obra.
0 comentarios:
[Comentario blog]