"Á volta dunha viaxe por Panamá, Lúa e Oli entraron de madrugada pola miña ventá traídos polos alisios e contáronme esta historia que esperta unha conciencia ecolóxica ás veces durmida e outras veces esquecida. Ao mesmo tempo, afonda nos sentimentos humanos e fala da natureza, amor"
Así nos fala Mercedes Pacheco do seu libro A pequena Kuna que presentará este xoves, 30 de novembro, acompañada por Héctor Cajaraville e Xesús Domínguez.
Unha illa, un veleiro, un pelicano e dous amigos no arquipélago panameño de San Blas. A tradición da tribo kuna di que os alisios traen cousas boas e… desta vez trouxeron a Oli, o sabio navegante dos océanos.
Lúa e mais el farán todo o posible por salvar a Don Pelicano, vítima da contaminación plástica que inunda o noso planeta. Desde entón, as súas vidas estarán unidas sucando mares e océanos co vento sempre a favor. E a verdade é que… Lúa e Oli navegan polo mundo adiante!
E nós navegaremos con eles.
0 comentarios:
[Comentario blog]