O Concello da Estrada vén de convocar a cuarta edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, en colaboración coa Editorial Galaxia e co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Poderán participar obras ilustradas inéditas, de tema libre, en calquera medio ou soporte
Dirixidas ao lectorado infantil.
En galego normativo.
Extensión mínima de 24 páxinas e máxima de 56 páxinas.
O premio, único, ten unha dotación económica de 4.000€.
O prazo de recepción de obras remata o 24 de febreiro de 2024.
0 comentarios:
[Comentario blog]