A XANELA DE GÁLIX. Carlos Labraña

Publicado por GÁLIX | 15.9.23 Deixa un comentario

 



CARLOS LABRAÑA DRAMATURGO E SOCIO Nº 190 DE GÁLIX

 

 

 

 

Dramaturgo especializado no teatro para nenas e nenos. Acadou numerosos premios nese eido, como o Xeración Nós, o Estornela ou O Facho, con obras que se representan de maneira habitual nos colexios.

As súas últimas pezas amosan un xiro cara a temas mais sociais e reivindicativos, como son:

  • O Valo (Premio Manuel María), sobre o drama dos refuxiados;
  • Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada (Premio Gala do Libro 2017), unha crítica ácida sobre a crise económica;
  • Estrelecer, de reivindicación feminista;
  • Mambrú volveu da guerra, sobre a memoria histórica democrática (Premio SGAE 2022).


Participa activamente en diferentes asociacións para a promoción e difusión do teatro infantil galego e dirixe a compañía teatral Os Furabolos, onde se representan as súas pezas.

Nas respostas ao noso Cuestionario Lamote afirma, entre outras cousas:

...son poucos os autores e as autoras que teñen vida fóra do sistema educativo, polo que fai falla unha maior presencia nos medios de comunicación e un maior apoio das institucións.

Considera que a nosa LIX medrou moito e propón:

Agora o que toca é manter o conseguido, e explorar novos camiños tendo en conta a importancia das redes dixitais na sociedade.

  ACCESO 
 

 

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]