O xenio da Cidade do Sal, de Fina Casalderrey, e Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, traducido por Eva Almazán, entre os libros que presenta a OEPLI, á proposta de GÁLIX, para a LISTA DE HONRA DE IBBY 2024.
A devandita listaxe recolle cada dous anos unha escolma de libros propostos polas Seccións Nacionais do IBBY en tres modalidades: escritoras/es, ilustradoras/es e tradutoras/es. O obxectivo que se persegue é acadar unha maior difusión e coñecemento dos títulos seleccionados e promover traducións e edicións estranxeiras de libros de calidade. Durante os Congresos IBBY preséntase o catálogo e expóñense os traballos. Unha vez rematado este proceso, os libros viaxan polo mundo en exposicións e feiras do libro e preséntanse nas coleccións permanentes da Lista de Honra que se atopan na Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic, no Instituto Suízo de Medios Infantís e Xuvenís de Zúric, na Bibiana Research Collection en Bratislava, na JBBY Tokyo e na Northwestern University de Evanston, Illinois.
Recollendo as propostas das seccións de ámbito lingüístico, a OEPLI presentou estes nove títulos para a súa inclusión:
MODALIDADE DE ESCRITA
- O xenio da Cidade do Sal, de Fina Casalderrey (Xerais, 2021)
- Música entre las ramas de Ricardo Gómez (Edelvives. 2022)
- Rastellera de colors, de Pep Molist (Babulinka, 2021)
- Itsaroaren atea, de Miren Agur Meabe (Elkar, 2021)
MODALIDAD DE TRADUCIÓN
- Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, traducido por Eva Almazán (Sushi Books, 2023)
- La increíble historia del monstruo super cabezón, traducido por de Rita da Costa (Montena, 2022)
- Alma: s´aixeca el vent, traducido por Mercè Ubach (Animallibres, 2022)
- Hona gu hemen: Lur planetan bizitzeko ohorrak, traducido por Garazi Arrula Ruiz (Txalaparta, 2020)
MODALIDADE DE ILUSTRADORAS/ES
- Irrimola, ilustracións de Maite Mutuberria (Ikaselkar, 2021)
En edicións anteriores foron incluídos nesta listaxe: O bestiaro científico de Anxos Nogueirosa de Antonio Manuel Fraga, Tinta de luz de Pepe Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo, ou Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro y Antonio Reigosa na modalidade de escrita.
Na modalidade de tradución foron incluídos Gabriel Álvarez Martínez pola tradución do xaponés de Unha noite no tren da Vía Láctea e David A. Álvarez Martínez, pola tradución de Pippi Mediaslongas.
0 comentarios:
[Comentario blog]