Carlos Labraña gaña o XXIII Premio SGAE de Teatro Infantil.

Publicado por GÁLIX | 27.10.22 Deixa un comentario

 Mambrú volveu da guerra, un texto en galego de Carlos Labraña é o gañador do XXIII Premio SGAE de Teatro Infantil 2022.

 

A peza, a primeira en galego recibe este o galardón, é recoñecemento ás persoas esquecidas nas cunetas e muros dos cemiterios, un texto cheo de emoción que reivindica a memoria histórica.

O dramaturgo, socio de GÁLIX, ten unha longa e exitosa carreira profesional dedicada ao teatro infantil en galego; un xénero moi necesario e pouco presente na literatura infantil no que Carlos Labraña conta cun ronsel de premios entre os que destacamos:

 

 

  • No 2013, o  XIV Concurso O Facho por Espantallo.

  • No 2014, o XV Concurso O Facho por Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada.

  • No 2014, o VIII Premio Estornela por A pequena compaña.

  • No 2015, o XVI Concurso O Facho por Estrela... fugaz?.

  • No 2016, o  IX Premio Manuel María de literatura dramática infantil, por O valo.

Publicación máis recente Publicación máis antiga

0 comentarios:

[Comentario blog]