A OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil),
sección española do IBBY (International Board on Books for Young
People), en colaboración co Ministerio de Cultura y Deporte
presentará os títulos para a Lista de Honra da IBBY.
Cada dous anos, a
Lista recolle unha escolma de libros de recente publicación
propostos polas Seccións da IBBY, pola súa relevancia, interese e
calidade, en tres modalidades: escritores/as, ilustradores/as e
tradutores/as.
A OEPLI, por ter
máis dun idioma oficial, presenta catro libros nas modalidades de
escritores/as e tradutores/as e un título para a de ilustradores/as.
Desta escolla
derívase unha maior divulgación e coñecemento destes títulos e,
consecuentemente, un aumento do número de traducións e de edicións
estranxeiras de libros de calidade para nenos/as.
Durante os Congresos
da IBBY preséntase o catálogo e expóñense as obras. Unha vez que
remata, os libros,
viaxan por todo o mundo en exposicións e feiras de libros e
inclúense nas coleccións permanentes da Lista de Honra que están
na International Youth Library de Munich, o Swiss Institute for Child
and Youth Media de Zurich e na Bibiana Research Collection en
Bratislava, na JBBY Tokyo e na Northwestern University en Evanston,
Illinois.”
Esta selección
ofrece unha visión das diversas contornas culturais, políticas e
sociais nas que os
nenos e nenas viven
e medran e pode ser utilizada por mediadores que participan no
desenvolvemento de programas educativos e de alfabetización e
iniciativas editoriais para
implementar
coleccións exemplares.
Títulos presentados pola OEPLI para a LISTA DE HONRA DA IBBY 2020
MODALIDADE DE ESCRITORES/AS
MODALIDADE DE
TRADUTORES/AS
MODALIDADE DE
ILUSTRADORES
0 comentarios:
[Comentario blog]